Burela, 20 de febreiro de 2014. As XXI Xornadas Técnicas e o XV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras celebraranse os días 8 e 9 de maio. Esta tarde reuniuse a comisión organizadora da Fundación Expomar para pechar estas datas y tamén avanzar no programa das xornadas.
Segundo acaba de asegurar o presidente da Fundación e alcalde Burela, José Mª González Barcia, “estivemos a perfilar o contido das xornadas técnicas. Unha delas versará sobre a sostibilidade da pesca e na mesma abordaranse cuestións coma as zonas protexidas, os descartes e o posicionamento do sector en busca da sostibilidade”. O rexedor burelés engadiu que “no caso da outra xornada a temática aínda está un pouco no aire, pero estamos a ver a posibilidade de centrala nos novos retos de toda a normativa europea que está saíndo na actualidade e sobre a que podería saír máis adiante”.
A comisión organizadora da Fundación Expomar reunirase de novo a mediados do vindeiro mes de marzo “co obxectivo de pechar definitivamente o programa e incluso os poñentes, que serán de alto nivel, coma todos los anos. Agardamos que as xornadas técnicas de Expomar sexan todo un éxito, porque sempre abordamos asuntos de actualidade e que realmente lle preocupan ao sector pesqueiro”.
A xuntanza desta tarde tivo lugar na sede da Fundación Expomar, na antiga capitanía marítima de Burela.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



