Cervo, 19 de marzo de 2014- A delegación de Medio Ambiente, que dirixe Begoña Alonso, está estes días colocando unhas plataformas de formigón para os contedores de varios puntos do municipio. Uns elementos que se instalan naquelas zonas onde o terreo presenta irregularidades co obxectivo de evitar que os colectores se vexan danados polos desniveis. Da mesma maneira, estes traballos tamén facilitarán e polo tanto axilizarán a tarefa de recollida de residuos.
En concreto, estas tarefas leváronse a cabo en Figuerido, Casas Novas e as proximidades da pista de pádel de Cuíña. Uns lugares onde tamén se aproveitou para colocar barras de suxeición como medida de seguridade co fin de evitar o desprazamento dos colectores, especialmente en momentos de fortes ventos.
Esta actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos do Concello de Cervo e que inclúe diversas medidas para que a veciñanza atope máis facilidades á hora de depositar o lixo nos diferentes contedores, e tamén para optimizar o momento da recollida.
Por unha banda, cabe lembrar que nos últimos meses o Concello levou a cabo a instalación de varios colectores accesibles a persoas con problemas de mobilidade. Tempo atrás tamén se mellorou o sistema para depositar o aceite doméstico usado nos contedores correspondentes, de forma que agora se poden botar directamente as botellas de plástico enteiras, ben pechadas, co aceite dentro na contra de verter o líquido no colector.
Neste sentido, o Concello anuncia ademais que ao longo dos próximos meses seguiranse instalado máis plataformas onde sexa preciso e tamén barras de suxeición para fixar os contedores.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



