Lugo, 20 de marzo de 2014. O delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou, este xoves, na presentación do X Curso de Primavera que organiza a USC en colaboración coa institución provincial. No acto tamén estiveron o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; e o director do X Curso de Primavera da USC, o profesor do Departamento de Historia Moderna da USC, Fernando Suárez Golán.
O Curso de Primavera da USC, un foro de análise e debate organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e orientado a complementar a formación humanística do estudantado universitario do campus lugués, así como do resto da sociedade, afondará na súa décima edición no estudo da violencia na cultura e na historia ao longo de diferentes relatorios e táboas de redondas que se desenvolverán do 22 ao 25 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades.
A violencia, o tema proposto para o X Curso de Primavera da USC, é un aspecto transversal á cultura e á historia da humanidade que permite estudos sincrónicos sobre as súas manifestacións nas diferentes culturas, como análises diacrónicas que posibilitan achegarse ás diferentes caras dunha constante histórica, subliñou o profesor de Historia Moderna da USC Fernando Suárez Golán, que coordina esta décima edición do Curso de Primavera xunto con Ana Cabana Iglesia, profesora de Historia Contemporánea da USC.
A análise, o estudo e a reflexión sobre as manifestacións violentas acadan se cabe maior relevancia e interese no actual contexto de crise, salientou Suárez Golán na presentación do X Curso de Primavera da USC, na que se referiu á violencia como “un problema actual que nos angustia e nos asedia e que probablemente seguirá presente no futuro”. Na presentación deste seminario monográfico a carón da violencia tamén participaron o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e o deputado provincial delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
O profesor da USC Antón Losada abrirá o 22 de abril esta décima edición do Curso de Primavera da USC cun relatorio que se desenvolverá baixo o título ‘A violencia como cortada política’ e no que abordará unha das diferentes liñas temáticas nas que pretende afondar este programa. Os novos movementos sociais de protesta, o renacer de forzas políticas extremistas, violentas por definición, ou o problema da violencia de xénero na sociedade actual son outras das cuestións que serán abordadas no marco do X Cursode Primavera da USC, un foro que citará preto de 30 relatores no campus lugués do 22 ao 25 de abril.
Información e matrícula
As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición no X Curso de Primavera da USC poderán formalizar a súa matrícula ata o vindeiro 11 de abril nas oficinas da Área de Cultura do campus Lugo, sitas na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo. Para obter máis información tamén poden chamar ao número de teléfono 982.82.15.13.
O custe da matrícula será de 10 euros. Os estudantes universitarios, de Formación Profesional, persoal de administración e servizos, docentes e investigadores da USC, así como desempregados e pensionistas pagarán unha taxa reducida de 5 euros. Asemade, o estudantado universitario matriculado no X Curso de Primavera da USC poderá solicitar o seu recoñecemento por un crédito académico de libre configuración.
Doutra banda, a USC, que expedirá un certificado de asistencia e aproveitamento a todas as persoas inscritas que asistan cando menos ao 80% das sesións programadas, tamén ten solicitada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a homologación deste curso para o profesorado de ensino primario e secundario.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



