Foz, 20 de marzo de 2014. A construción da residencia e centro de día para maiores en Foz sae este xoves a licitación no Diario Oficial de Galicia. A finca onde se situará o edificio foi visitada nesta mesma xornada pola delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; os concelleiros Pedro Fernández Manín e Mercedes González Alonso e o arquitecto redactor do proxecto. O rexedor municipal estima que as obras empezarán a principios do verán, para o que xa foi solicitada a licenza municipal.
Javier Castiñeira manifestou que para Foz “é unha moi boa noticia, porque supón facer realidade un proxecto que é unha necesidade moi grande no noso concello. Somos pioneiros no coidado dos nosos maiores co asilo de anciáns que pertence á Fundación Martínez Otero, pero temos unha deficiencia importante de infraestruturas públicas na cobertura xeriátrica. O compromiso do Consorcio Galego cúmprese perfectamente nunha época de verdadeiras dificultades económicas, pero era un compromiso adquirido polo propio presidente da Xunta de Galicia, o señor Núñez Feijoo, e a día de hoxe practicamente xa é unha realidade, posto que unha vez que pase o proceso de licitación, que levará arredor de dous meses, comezará a obra a principios do verán. Para este ano hai cerca de 550.000 euros nesa partida orzamentaria e para o que vén hai unha moito maior porque se vai traballar de forma continua”.
O alcalde agradeceu “o compromiso da Xunta de Galicia co noso concello con esta infraestrutura e mostrar a nosa ledicia porque esta obra vai empezar xa no verán” e explicou que “queda agora un pequeno proceso administrativo que vamos facer no pleno, porque había un compromiso de cesión do terreo pero neste vindeiro pleno vai ir por urxencia a cesión definitiva dos terreos, unha vez que está xa está licitado e hai un proxecto cunha licenza pedida. Polo tanto espero que a corporación evidentemente non poñerá pegas para ceder definitivamente o terreo. Eses son os pasos administrativos que quedan”.
O rexedor municipal rematou destacando que “é unha gran noticia coa que debemos estar moi contentos todos os membros da corporación e todos os entes que participamos en reclamar esta infraestrutura”.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



