Alfoz continúa a celebrar o segundo Festival de Cine. Este sábado 22 de marzo Fernando Cortizo, director da película “O Apóstolo”, xunto a Isabel Rey, de Artefacto Producións, achégaronse á Mariña para explicar como se rodou o filme e os trucos para converter os bonecos protagonistas en algo moi parecido a persoas de carne e óso. Trouxeron con eles a dous dos bonecos da película e proxectaron vídeos e fotos explicativas do proceso de rodaxe, montaxe e produción. Logo proxectouse a película. O vindeiro sábado, día 29, estrearase a película “Nove estrelas e un sombro”, rodada no Val e protagonizada por xente do Val.
