Cervo, 27 de marzo de 2014.- O Concello de Cervo vén de facer entrega dun cheque por valor de 9.000 euros á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Un importe co que a administración local pretende “contribuír e apoiar a esta entidade tendo en conta o labor tan necesario que fan na nosa sociedade” asegura a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, que estivo presente no acto no que tamén participou o alcalde, Alfonso Villares e a presidenta da asociación, Iris Castro.
Unha axuda que a entidade destinará a cubrir gastos correntes así como aqueles derivados das múltiples actividades que se levan a cabo nos seus centros, como é o caso da unidade residencial que abriu a finais do ano pasado en Cervo. Armada destacou tamén que a asociación “abarca todos os campos de axuda, dende a reinserción psicosocial e laboral pasando pola atención psicolóxica e social ou a aprendizaxe de habilidades da vida diaria e utilizando para iso métodos didácticos e amenos”.
Ao longo de 2013 a entidade ofreceu numerosos obradoiros dirixidos a mellorar as capacidades laborais dos usuarios, pero tamén a potenciar a súa autoestima, habilidades cognitivas ou o traballo en equipo, como foi o caso dos obradoiros de carpintería, ebanistería, construción de xoguetes de madeira e mosaicos, manualidades, costura, xardinería ecolóxica, informática, xabón ou cantería.
Da mesma maneira, a asociación celebra cos usuarios multitude de festas, fomenta a práctica de deporte e exercicio físico así como a participación en excursións. Unha entidade fundada no 1999 por cinco familias e que na actualidade ten 200 socios e 56 usuarios.
Esta axuda de 9.000 euros enmárcase no obxectivo do Concello de colaborar e axudar ás asociacións do municipio e así favorecer a súa actividade e dinamismo.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



