O sábado, día 5 de abril, ás cinco da tarde na Residencia de Anciáns “Virxe do Carme” de Foz, espectacular actuación do saxofonista e clarinetista “PAQUITO”, de Jerez de la Frontera (Cádiz). Músico internacional que formou parte de orquestras que acompañaron a artistas de gran renome como Isabel Pantoja, Rocío Jurado, Alejandro Sanz, etc. O acto que será aberto a todo o público en xeral, está organizado pola Asociación Cultural “O CAIADO”, en colaboración coa Fundación Alcoa e o Concello de Foz.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



