O Partido Popular de Burela continuará durante esta vindeira semana as súas reunións con veciñas e veciños polos distintos barrios da vila. Neste caso, da zona de O Campón e a zona das Calles Novas. Así, o luns, día 7, ás oito e media da tarde, a reunión celebrarase no Mesón do Poeta, e o xoves, día 10, á mesma hora, será no bar-restaurante Don Jamón. Desde a Agrupación Local, animan ós cidadáns a asistir, para ter información de primeira man e preguntar por aquelas cuestións que sexan do seu interese. A pasada semana, o PP reuniuse con veciños e veciñas da zona de O Río e da Vila do Medio.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



