Burela, 7 de abril de 2014. O pasado venres comezaron as obras de adecentamento do solar do Parque do Campón que fai esquina nas rúas Camiño Real e Rafael Vior. Ditas obras lévanse a cabo para evitar riscos e recuperar ao cento por cento a seguridade tanto dentro coma fóra do propio solar. As actuacións corren a cargo da sociedade propietaria do solar.
O alcalde de Burela, José María González Barcia, manifestou que “desde o Concello viñamos seguindo o estado do solar desde hai tempo, porque presentaba sinais inequívocas de deterioro en canto á seguridade. A principios do pasado mes de febreiro, elaboramos un informe técnico que lle foi remitido á sociedade propietaria do solar o día tres dese mesmo mes, facendo constar a urxencia de realizar unha serie de actuacións tendentes a garantir a seguridade do solar tanto dentro coma fóra do mesmo”.
Segundo o rexedor “nos últimos días de febreiro o Concello encargou un informe técnico externo, e simultaneamente mantivemos conversas con representantes da sociedade propietaria do inmoble, conversas que se materializaron nunha convocatoria formal para unha reunión que tivo lugar o trece de marzo no Concello, e na que se constatou a intención da sociedade propietaria de solucionar os problemas que suscita o actual estado do solar”.
O rexedor explicou que “o Concello actuando en todo momento con vontade de diálogo pero tamén conforme ao que marca a lexislación vixente, e para salvagardar os intereses municipais, fixo entrega ese mesmo día dunha orde de execución, que logo dos prazos legalmente establecidos está sendo atendida pola sociedade propietaria”.
José María González Barcia agarda que “a sociedade propietaria do solar actúe, ademais de con celeridade, conforme ao estipulado tanto na documentación elaborada polo Concello, e que lles foi trasladada, como nas conversas que con eles mantivemos, e que en todo momento transcorreron con espírito construtivo”.
Finalmente, o rexedor indicou que “na comisión informativa de obras e urbanismo do pasado 24 de marzo, eu mesmo e por iniciativa propia informei con detalle aos grupos da oposición. O que de verdade lamento, pero non me sorprende, é que o PSOE saíse con este asunto o quince de marzo, sen terse informado previamente dos pasos que se tiñan dado desde o goberno municipal e desde os servizos técnicos municipais, que como se ve non foron poucos”.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



