Santiago de Compostela, 19 de abril de 2014. – Este sábado fíxose pública en Santiago de Compostela a única candidatura presentada para dirixir A Mesa pola Normalización Lingüística a partir da Asemblea Nacional que se realizará no Centro socio-cultural Ágora da Coruña o vindeiro sábado 26 de abril.
A presentación desta candidatura “de continuidade” estivo arroupada por Carlos Callón e Iria Taibo, actuais presidente e secretaria xeral, quen salientaron que malia decidiren non se presentar á reelección nos postos de dirección non deixan o activismo na asociación. “Se A Mesa non existise habería que inventala”, sinalou a ese respecto o presidente en funcións.
A proposta de nova comisión permanente que se presentará á Asemblea Nacional está encabezada por Marcos Maceira Eiras, que será o novo presidente. Licenciado en Historia e Xestor Cultural, Marcos Maceira é membro da actual permanente da Mesa e da Xestora da plataforma cidadá Queremos Galego desde o seu nacemento. Desde 2007 é o responsábel de coordinar a organización do Correlingua.
O seu activismo comeza no ensino medio, etapa en que representou os Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e continuou na universidade como Responsábel de Organización dos CAF (1999-2001). Como activista cultural foi Secretario (2002-2012) e Presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura.
As vicepresidencias serán ocupadas por Mónica Pazos Martínez e Carlos Outeiro Baamonde. Mónica Pazos é profesora de Lingua e literatura galega, participou nos Equipos de Normalización Lingüística de varios centros galegos e ten unha dilatada traxectoria como activista cultural en diferentes colectivos, entre os que destaca A Pomba do Arco de Foz.
Carlos Outeiro repite como vicepresidente da asociación. Enxeñeiro en Navantia, leva anos exercendo como responsábel da Mesa na comarca de Ferrolterra.
Susana Méndez encargarase de asumir a Secretaría Xeral. Enfermeira e licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, conta cunha ampla traxectoria como sindicalista e activista cultural. É coordinadora da xestora da plataforma Queremos Galego e ocupaba até este momento unha das vicepresidencias da Mesa.
Paulo Filgueiras Fachal, profesor de Lingua e literatura galega continúa como Coordinador de Zonas e incorpóranse como vogais Elsa Quintas Alborés, avogada e coordinadora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, que leva anos vinculada á asociación desde que entrara nas Mocidades da Mesa, e Manuel Rei Romeu profesor de Lingua e Literatura galega cun amplo traballo como activista e crítico literario, salientando por ser un dos maiores especialistas na obra de Castelao.
Marcos Maceira sinalou que a candidatura que encabeza asume o compromiso de continuar o traballo na Mesa, “consciente da dura situación que vivimos, mais cheos de esperanza ao comprobar como nos últimos anos a mobilización social en favor do galego medrou exponencialmente”. “Unha mobilización imprescindíbel xa que, segundo a historia demostra, todos os avances que o galego foi conseguindo se deberon á mobilización social do pobo”, argumentou.
Neste senso destacou como un dos desexos da nova permanente da Mesa poderen “acompañar e apoiar un Goberno galego merecente de tal nome no traballo por lle devolver ao noso idioma o status legal e social que lle corresponden como lingua propia de Galiza”, mais lamentou que os esforzos do executivo de Feijóo “camiñen na dirección oposta”. “Feijóo debería honrar o posto de máis alta representación do pobo galego. Mais se despreza a nosa lingua, o noso maior sinal de identidade, despreza tamén o pobo que representa”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



