Burela, 22 de abril de 2014. O Concello desenvolve durante o segundo trimestre deste 2014 diversos obradoiros gratuítos prelaborais para os participantes na bolsa de emprego municipal.
O primeiro taller tivo lugar este martes. Denominado “Preparación de oposicións. Emprego público”, foi impartido por persoal da Capitanía Marítima de Burela. O concelleiro de Emprego, José Casas, explicou que “tivo por obxectivo achegar o mundo do emprego público aos demandantes de emprego de Burela”.
O vindeiro martes, 29 de abril, de 10 a 12 horas desenvolverase un curso sobre Claves de busca de emprego, que terá coma finalidade aprender a planificar a busca de emprego máis efectiva: autocoñecemento e marca persoa, coñecemento do mercado laboral e oportunidades de emprego, coñecemento das funcionalidades do SPE.
Xa en maio, o día 8, de 10 a 12 horas terá lugar un obradoiro sobre Emprego en internet, co obxectivo de extraer o máximo proveito da rede para a busca de emprego. No mesmo abordaranse cuestións coma: formas de buscar emprego en internet, ferramentas de xestión da axenda de busca de emprego, redes sociais e webs de emprego.
O 9 de maio o Videocurrículum: a mellor tarxeta de presentación é o título do taller que se celebrará ese día de 10 a 12 da mañá co fin de coñecer as posibilidades desta ferramenta como inserción laboral. No mesmo abordaranse aspectos como en qué consiste un videocurrículum, guión e marca persoal, edición e postprodución e difusión.
Por último, o 15 de maio e no mesmo horario de 10 a 12 da mañá impartirase o taller Entrevistas de traballo exprés para incrementar os recursos persoais en entrevistas de traballo. Entre os contidos que se analizarán figuran: estilos de afrontar entrevistas, preguntas frecuentes e prácticas.
Os interesados en acudir a estes obradoiros poden dirixise ao departamento de Emprego, a través da Bolsa de Emprego, do Concello de Burela, que está situado no nº 5 da praza da Mariña (edificio praza de abastos), na 1ª pranta.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



