A SOCIEDADE CULTURAL RECREATIVA MUSICAL “LEDICIA”, DE BURELA (LUGO) CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS CO GALLO DA CELEBRACIÓN DA XXX FEIRA DO BONITO QUE TERA LUGAR O VINDEIRO 2 DE AGOSTO DE 2014 NA EXPLANADA PORTUARIA DA LOCALIDADE.
B A S E S
1. Pode participar toda persoa que o desexe.
2. Convócase o concurso en dúas categorías:
· Categoría A: concursantes ata 14 anos.
· Categoría B: concursantes maiores de 14 anos.
3. O tema debe ter -necesariamente- relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será: XXX Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e a data de celebración da mesma: Burela, 2 de agosto de 2014.
5. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso.
6. As medidas para os traballos son:
· Cat. A: 15 x 20 cm.
· Cat. B: 50 x 65 cm.
7. Cada autor pode achegar un ou varios traballos, sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a categoría na que participa no exterior.
8. Os orixinais poden entregarse ata o día 4 de xuño de 2014 no Local social de Ledicia, ben por correo (Rúa do Ril nº 4 entr/baixo 27880 – Burela), ben .de xeito persoal os mércores entre as 20:00 h e as 22:00 h
9. Premiarase un traballo por categoría; correspondendo o gañador da Categoría A ó programa de man; e o da Categoría B ó cartel anunciador da Feira.
10. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o día de celebración da mesma.
11.Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
12.A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.