Ribadeo, 14 de maio de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, ven de remitirlle unha carta á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para que ese departamento resolva canto antes os 30 expedientes da Risga presentados por outras tantas familias de Ribadeo, e que nalgún caso están pendentes de resolución desde hai oito meses. Hai 21 expedientes de 2013 e 9 de 2014. O rexedor na carta pídelle a Mato “que lles poña cara, que mire aos ollos a eses nenos sen calefacción, sen excursións, sen cumpreanos e que lles diga a eles por qué tardan 8 meses en resolverlles esa axuda que pediron os seus pais”.
Suárez Barcia amosou “a nosa preocupación, que é para pedirlle sobre todo unha reflexión sincera e un compromiso de resolución inmediata sobre estes expedientes que están na Consellería dende hai moito tempo, concretamente 21 lles mandamos dende o Concello de Ribadeo no ano 2013 e aínda están pendentes de resolver e 9 son do 2014. É dicir, dende hai moitos meses están 30 expedientes pendentes. É raro o día que non recibo no despacho algún veciño ou veciña nunha situación desesperada, sen traballo, co paro esgotado, que me confesa que pasou todo o inverno sen calefacción e que xa non se atreven a pedir máis axuda aos pais, aos sogros ou aos amigos”.
O alcalde ribadense lembra que “no Concello vimos de aprobar hai uns meses unha ordenanza para atender situacións de emerxencia social, que estamos utilizando a día de hoxe. Pero esta ordenanza é só para iso, para situacións excepcionais nun momento puntual. Para outro tipo de solucións está precisamente a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), que é unha prestación pública destinada a garantir os recursos económicos de subsistencia á quen careza deles, é precisamente a comunidade autónoma quen se ten que facer cargo destas circunstancias para alugueres, subministro eléctrico, alimentos ou para circunstancias de necesidade básica, sobre todo, que é o que nos dá máis mágoa, para as familias que teñen fillos”.
Fernando Suárez pídelle á conselleira “que non se pode mirar para outro lado cando día a día tropezamos coa dor humana que supón que compañeiros e compañeiras dos nosos fillos e fillas non poidan ir moitas veces a actividades ás que outros nenos e nenas, que os seus pais traballan, si poden acceder. Iso é unha desigualdade que hai que atallar e hai que combater de raíz e é no que á Xunta de Galicia lle pedimos que, a través dos seus gabinetes de comunicación, emitan a verdade, que non digan que se resolven estes expedientes de Risga en prazo porque levamos en algún caso oito meses esperando a que a Xunta se pronuncie sobre estes expedientes de Risga pois ten a obriga e a necesidade de darlle axuda a esta xente”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



