CADERNOS DA VIAXE. En termos estritamente abstractos, o confronto entre República e Monarquía é moi desigual, pola evidente eiva democrática da provisión hereditaria propia da Monarquía. No caso español, asemade, a Monarquìa foi instaurada “ex novo” por Franco no 1969. Velaí a falla absoluta de lexitimidade de orixe do rei Juan Carlos à altura da fin do 1975, cando principiou o seu mandato.
Mais Juan Carlos de Borbòn gañou a sùa lexitimidade co exercicio que fixo da “auctoritas” real entre a fin do 1975 e a fin do 1978. Unha tempada na que a a aprobación da Constituciòn reasignou a prol de Instituciòns democráticas determinados poderes reais que sobardaban os dunha monarquia parlamentaria no sistema das Leis Fundamentais franquista. Pero o voto favoràbel dunha moi ampla maioría do corpo electoral español o 6 de decembro do 1978 non supuxo, en termos sociolòxicos, un cheque en branco “in aeternum” para a restauración do rèxime monárquico. Porque a cidadanìa española comprendeu que o pacto pola reforma levaba no lote a Monarquía e a negación do Estado plurinacional en troques das liberdades, do pluralismo político e dunha limitada descentralización política.
Malia os 33 anos decorridos dende o golpe de estado do 23-F do 1981, aínda non ficou clarexado o ambivalente papel do Xefe do Estado nesta crise. O que si ficou evidente foi a virada cara a consolidación dun bipartidismo monárquico e a limitación do autogoberno das nacionalidades, diluído no “café para todos”. Dende entón, a Coroa é o elo que define a España contemporánea, dándolle sentido a un sistema políticamente bipartidista e económicamente definido por un “capitalismo castizo de BOE”, alicerzado na colusión entre política e empresa, na hexemonía das empresas financeiras e construtoras sobre o sistema produtivo e na potenciación extrema de Madrid como inviábel centro económico.
Velaí que, hoxe por hoxe, a Coroa, ademáis do seu anacronismo histórico e da súa evidente falla de utilidade e exemplaridade, teña o problema engadido de non poder cumprir a función simbólica de lle dar abeiro a un fondo anovamento constitucional que lle recoñeza á cidadanía o dereito a decidir para construir unha democracia de calidade nunha sociedade inclusiva e cohesionada.
Xoán Antón Pérez-Lema



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



