Os lobishomes son seres humanos que se converten en lobos. Os galiñomes son seres humanos que se converten en galiñas, pero nunhas galiñas malvadas e asasinas. Este vindeiro sábado, día 5, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Alfoz, poderemos coñecelos se acudimos a ver a obra do Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, que presentará a obra “A invasión dos galiñomes”. 18 actores do instituto Alfoz-Valadouro, acompañados do incrible cómico local “Cachín”, farán as delicias daqueles que se acheguen.
Os galiñomes chegan a Alfoz
Os galiñomes chegan a Alfoz
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios