A incorporación de mulleres rurais ó autoemprego e o fomento das novas tecnoloxías son dúas das liñas de traballo que Deputación de Lugo e Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR) potenciarán a través do convenio de colaboración por valor de 65.000 euros que asinarán a Deputación de Lugo e o colectivo. Así o deu a coñecer o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que, xunto á Vicepresidenta Segunda, Lára Méndez, recibiu este luns en San Marcos a Rosa Arcos Caamaño e Verónica Marcos, representantes de FADEMUR. A axuda do organismo provincial resulta fundamental para o mantemento das actividades deste colectivo, que agrupa a 15.000 socias na comunidade galega, tal e como ratificou a súa presidenta, Rosa Arcos: “Con esta partida podemos proxectar mellor a nosa mensaxe, dándolle visibilidade á muller do rural, ó tempo que poñemos en valor a importancia da economía do rural, que está tan desprazada, e nin aparece reflexada nas estatísticas” .
Máis de 131.000 mulleres non teñen traballo hoxe en Galicia, 20.600 máis que hai cinco anos. Esta circunstancia, unida ó gran potencial do medio rural para xerar riqueza e emprego, fan que proxectos como os de FADEMUR ofrezan alternativas viables de futuro para este colectivo, tan castigado durante estes últimos anos de crise.
Gómez Besteiro destacou neste senso que “a muller do rural xoga un papel fundamental na vida e economía familiar, aínda que en moitas ocasións este traballo non se valore. A promoción dos produtos artesanais da provincia e o espírito emprendedor das mulleres son so algunha das claves para xerar riqueza e buscar alternativas de futuro”.
O Presidente aproveitou tamén a ocasión para agradecerlle ás representantes de FADEMUR o seu compromiso coa promoción da Ribeira Sacra para a candidatura de Patrimonio da Humanidade a través do programa Son de Campo, e salientou que “contar co voso apoio demostra o interese que existe entre os galegos e galegas por que se recoñeza a nivel internacional, tanto a riqueza natural, como a biodiversidade que hai en enclaves como o da Ribeira Sacra”.
Pola visibilidade das mulleres rurais
“As mulleres do rural son un dos piares da economía, non soamente da provincia, senón tamén de toda a comunidade. O principal problema é a escasa, por non dicir nula, visibilidade deste colectivo tanto nas estatísticas, como na sociedade”, incidiu a presidenta da FADEMUR. Deste xeito, coa achega do organismo provincial, o colectivo levará a cabo un proxecto de posicionamento e visibilidade, “xa que a muller é un elemento imprescindible para garantir a vida no rural”. Os traballos de FADEMUR axudan a frear o despoboamento dos núcleos máis rurais e, en moitas ocasións, son a única entidade que traballa nesta liña. A federación de mulleres rurais tamén apostou por facerse cargo, en moitas vilas, dos servizos socias, dependentes antes das institucións pero que dada a crise económica, deixaron de lado.
Páxina web
Grazas á achega da Deputación, FADEMUR creará tamén unha páxina web, da que ata o de agora non dispón, e levará a cabo unha campaña a través das redes sociais para incorporar a todas as mulleres emprendedoras e darlle visibilidade ás actividades e produtos que elabora, todos artesanais.
Apoio e asesoramento á emprendedoras
Outra das liñas de traballo de FADEMUR, que coincide coa do organismo provincial, é a de apoiar ós pequenos proxectos de autoemprego e emprendemento; sobre todo de produtos artesanais e de agricultura ecolóxica. FADEMUR busca publicitar e incentivar esta actividade económica e asesora ás mulleres que decidan autoempregarse e poñer en marcha un proxecto. Durante un ano, a asociación ofrécelle apoio a todas elas en aspectos como trámites burocráticos, a viabilidade do proxecto ou as claves para promocionar os produtos.
Ademais de asesoramento e apoio para o autoemprego, coa axuda da Deputación terán lugar encontros e intercambios de experiencias entre as emprendedoras para poñer en común retos, dificultades e mecanismos na resolución de problemas á hora de implantar os seus proxectos.
Tamén se organizarán xornadas de sensibilización sobre o papel da muller do rural. Consistirá nunha serie de actos participativos onde, a través das protagonistas, darase a coñecer o alcance do traballo das mulleres no seu entorno. A través desta campaña fomentarase tamén a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, colaborando activamente na recollida de sinaturas e difundindo a candidatura entre as mulleres do rural.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



