A organización estivo agardando ata o último momento unha melloría nas condicións climatolóxicas para poder desenvolvelo ao aire libre. E a hora para a que estaba programado o tempo deu un respiro e numeroso público acudiu a ver as actuacións programadas do XV Festival Aires do Masma. Porén esas mesmas condicións climatolóxicas incidiron negativamente nos aparellos electrónicos e non se puideron ofrecer as mellores condicións de son e luz. Por iso, a organización quere pedir disculpas ao numeroso público asistente, que a pesar disto agradeceu cos seus aplausos o bo facer dos grupos participantes.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



