O Valadouro, 22 de xullo de 2014.- O presidente do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, denunciou a falta de persoal no Ximnasio e na Casa da Cultura, instalacións que dependen do Concello do Valadouro, e que se atoparían sen o habitual monitor e o persoal administrativo, respectivamente.
Os populares din facerse eco de múltiples queixas recibidas dos veciños do concello que non poden facer uso destas instalacións para recibir os servizos habituais porque o Equipo de Goberno non contratou a ninguén para cubrir as baixas durante a época estival dos traballadores habituais.
O Grupo Popular pediu explicacións por este asunto no último pleno municipal que o alcalde intentou escusar na falta de diñeiro para contratar persoal de apoio, un argumento que non convence aos populares tendo en conta que hoxe mesmo sabemos que o Concello gastou máis de 1.500 euros na homenaxe a Miro Casabella.
Os populares consideran incongruente que o Concello alegue falta de diñeiro e despois despilfarre recursos económicos municipais nesta polémica homenaxe na que por certo, entre o centenar de asistentes tan só uns 20 eran veciños do pobo, incluídos familiares e os concelleiros do tripartito, feito que xustifica e reforza a posición do PP cando decidiu absterse na proposta para súa declaración como fillo predilecto.
Para o PP o alcalde e o equipo de goberno non só son incapaces de garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais senon que tamén non son quen de establecer prioridades de gasto, entre as que sería prioritario cubrir a baixa por vacacións dos traballadores municipais do ximnasio e da Casa da Cultura, antes que un acto cultural de moi dubidosa repercusión e apoio entre os veciños.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).