Burela, 23 de agosto de 2014. A vindeira semana iniciaranse os trámites para proceder á adxudicación das obras de reposición da rede de saneamento da rúa Ramón Farré. Os traballos terán que estar rematados o 30 de setembro, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor subliñou que “a subvención que nos conceden é de 27.966,64 euros para un investimento total 39.952,34, co cal concédennos o 70 por cento ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental, segundo o Diario Oficial de Galicia do día 30 de abril deste ano”.
Segundo explicou González Barcia “a obra a realizar é a reposición da rede de saneamento na rúa Ramón Farré, que ten que estar rematada o día 30 de setembro. A intención do Concello é comezar canto antes os trámites administrativos para a adxudicación da obra. De feito xa se xerou crédito por parte do servizo de Intervención e a próxima semana faremos os trámites para a adxudicación da obra”.
O alcalde burelés dixo que “no seu momento pensáramos en facer unha obra distinta a esta, era un saneamento na zona dos Castros, dirección Ril, pero por diferentes cuestións non se puido abordar. Entón a alternativa é esta e faise a raíz da presenza de filtracións na rúa, derivadas precisamente do saneamento, que é antigo e malo e presenta moitos problemas. Fíxose cando se construíu ese vieiro, hai 30 anos. Ante esas deficiencias e as filtracións que ocasiona, despois de falar cos veciños varias veces sobre este tema, optamos por facer esta obra”.
A achega que ten que realizar o Concello é o 30 por cento, o que supón 11.985,70 euros.
Críticas ao bipartito
José Mª González Baricia indicou que “Burela recibe do Fondo de Compensación Ambiental pouco diñeiro, pero podería estar recibindo máis se o goberno municipal bipartito completara a tramitación do proxecto do parque eólico singular que o goberno do PP, sendo eu alcalde na época anterior, presentáramos na Xunta de Galicia. Era de 3 megavatios e poderíalle reportar ao Concello uns ingresos anuais de uns 80.000 euros, pero o bipartito paralizouno completamente e iso que a Xunta reiteroulle en tres ou catro oportunidades que presentase documentación para completar o expediente do parque eólico singular. E o bipartito non fixo ningún caso, non enviaron nin un só papel, co cal cando nosoutros volvemos ao goberno municipal, no ano 2011, atopámonos con que expirara o prazo e xa non había posibilidade algunha de poñer en marcha o parque eólico singular”.
Para o rexedor “isto é bo que o coñezan os veciños para que saiban quen se preocupa polo interese xeral e quen se preocupou soamente por estar fisicamente no Concello, porque igual que neste noutros temas tampouco fixeron absolutamente nada. É unha pena porque o parque eólico singular íanos saír gratis, o Concello non tería que poñer nin un só euro e empezaríamos a cobrar un mínimo de 80.000 euros cada ano practicamente dende o momento da firma do contrato coa empresa que instalase o parque eólico singular. Por iso Burela, ademais de non ter parque eólico singular, por culpa destes señores recibe moi pouco do Fondo de Compensación Ambiental”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



