Ribadeo, 23 de agosto de 2014. Concluíu este venres a terceira edición do programa ‘Construíndo o verán’, da Concellaría de Servizos Sociais, no que durante os meses de xullo e agosto participaron unha trintena de rapaces e rapazas de diferentes idades.
As clases de apoio escolar e os obradoiros desenvolvéronse nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas. A concelleira Teresa González Piñeira agradece que “nos teñan prestado a EOI de Ribadeo para levar adiante este programa, e sobre todo quero subliñar o traballo realizado polas oito voluntarias que participaron con nós nesta edición. Este ano ao seren máis puidemos ofrecerlles unha atención máis personalizada a cada nen@. Traballaron moi a gusto e moi ben”.
A edil nacionalista explicou que “xa o xoves tivemos un pequeno avance do que foi a clausura definitiva, porque os rapaces acudiron a un obradoiro de Mariñarte, que foi impartido por Ánxela López. @s nen@s recibiron un diploma pola súa asistencia a Construíndo o verán e un pequeno recordo. Onte, venres, rematamos cun percorrido que partiu da Escola Oficial de Idiomas para pasar por Vilaselán, o faro da Illa Pancha e O Cargadoiro. Alí os rapaces aproveitaron para darse un baño e despois xantamos”. González Piñeiroa engadiu que “esta última actividade foi unha sorpresa para eles, porque non sabían en qué ía consistir. O ano pasado collemos o tren e fomos ata Santo Estevo do Ermo, e neste 2014 decidimos pasear e coñecer un pouco máis Ribadeo”.
A concelleira de Servizos Sociais amósase satisfeita da acollida que tivo esta terceira edición de ‘Construíndo o verán’.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



