A MARIÑA, 11 DE SETEMBRO DE 2014.- Os socialistas da Mariña recoñecen “non dar crédito” ao anuncio realizado este mércores polo presidente da Xunta e que inclúe, unha vez máis, a aprobación do Plan Director para a ampliación do Hospital da Costa. Deste xeito, os deputados autonómico e provinciais –José Ramón Val Alonso, Lara Méndez e Alfredo Llano-, a coordinadora comarcal do PSOE –Mayra García- e o resto de voceiros do Partido, consideran “máis que vergoñento” que o titular autonómico “tivese o descaro” de comparecer na Cámara do Hórreo para “volver a dicir o mesmo que leva facendo dende que chegou ao Goberno”, pois coa de onte xa son seis veces as que o responsable autonómico asegurou publicamente que a Xunta vai aprobar tal documento.
Dado que o anuncio do responsable do Executivo galego “é máis do mesmo”, pídenlle a Feijóo que “teña máis dignidade política, que se deixe de enredos e de seguir enganando a todos os mariñanos, porque a Mariña o que necesita non son anuncios que non aportan nada novo, senón que a Xunta cumpra e faga ampliación do Hospital xa”.
“A nosa postura é moi clara. Nón nos opoñemos que dé luz verde ao Plan Director, pero o que si denunciamos é que nos tome o pelo deste xeito. Este é o Sr. Feijóo, o presidente que presume de ser un bo xestor…? Xestionar significar cumprir o que se di en tempo e prazo, xestionar non é como nos ten acostumados este presidente, que di o mesmo cantas veces o considera oportuno en función dos intereses partidistas”. Por este motivo, consideran que o responsable autonómico “non ten vergoña. Así non se poden facer as cousas, porque para dicir sempre o mesmo, o mellor é que esté calado”.
Responsabilidade dos deputados do PP
Asimesmo, tamén consideran “deleznable” a actitude dos deputados mariñanos do Partido Popular, que, malia ser coñecedores do incumprimento reiterado de Feijóo, “teñen a desfachatez de saír na prensa gabándose do anuncio do presidente”. Neste senso, engaden: “xa está ben de actuar como escudo da mala xestión do Sr. Feijóo, xa está ben de ser o paraugas dun Goberno que está a demostrar con feitos que non é útil e que é un irresponsable. Pedímoslles aos membros do PP da Mariña e a deputados como os Sres. Balseiro e Vidal Martínez que, por unha vez, se deixen de tapar os erros do seu xefe na Xunta e que defendan os intereses dos seus veciños. Os cidadáns da Mariña non lles serve o si polo si, queren políticos responsable e que, sobre todo, defendan as súas necesidades, non os intereses do partido ao que pertencen”, conclúen.



















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.



