O Burela Pescados Rubén caeu por 7-3 no feudo do campión, Atlético de Madrid, nun partido que se decantó no tramo final do mesmo. Ambos conxuntos saltaron ao pavillón de La Estación con moitas precaucións e a igualdade foi a tónica dominante, tras varios intercambios de golpes entre colchoneiras e galegas chegou o tanto que poñía en vantaxe ás madrileñas nunha acción afortunada para as locais, Bea Mateos intenta interceptar un pase que acaba nas mallas laranxas. Co 1-0 chegouse ao intermedio e na segunda parte o Burela Pescados Rubén respondeu con celeridad logrando o empate (1-1) por mediación de Gaby que tamén tivo contestación brasileira ao marcar Ariane o 2-1 das colchoneiras. O encontro transcorría con alternativas no dominio e con ocasións en ambas porterías pero o Atlético aproveitou as concesións mariñás para marcar distancias (4-1) con dous goles de Natalia e pouco despois Peke marcaría o 5-1. O Burela Pescados Rubén reaccionou co tanto de Bea Mateos (5-2) e intentouno con xogo de cinco pero as colchoneras aproveitaron perfectamente os contragolpes para sentenciar a vitoria por 7-3.
Ficha técnica
Futsi Atlético Féminas: Belén; Leti, Ariane, Ju Delgado e Ro (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Natalia, Peke e Marta Pelegrín.
Burela Pescados Rubén: Sandra; Gaby, Bea Mateos, Maite e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Claudia, Lara, Kiko e Tainã.
Goles: 1-0, min. 15 Bea Mateos (propia porta); 1-1, min. 21 Gaby; 2-1, min. 22 Ariane; 3-1, min. 27 Natalia; 4-1, min. 28 Natalia; 5-1, min. 32 PeKe; 5-2, min. 33 Bea Mateos; 6-2, min. 34 Ariane; 7-2, min. 37 Ariane; 7-3, min. 38 Kiko
Pavillón: La Estación. Uns 200 espectadores.
Colexiados: Julio González e Gabriel Ortiz do colexio madrileño. Amonestaron con cartulina amarela a Gaby, Claudia, Maite e Sandra no Burela FS Pescados Rubén e a Leti no Futsi Atlético Féminas.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
