Ribadeo, 16 de setembro de 2014. Arredor de 365.000 persoas visitaron a praia das Catedrais desde principios de xullo ata a xornada de onte, 15 de setembro. Só na primeira quincena do presente mes 65.000 turistas se achegaron a ese areal. A oficina de turismo das Catedrais seguirá aberta a diario ata o 30 de setembro e durante as fins de semana a partires de outubro. O concelleira de Turismo, Ana Martínez, agradeceu o esforzo dos traballadores dos departamentos implicados na coordinación dos dispositivos postos en marcha durante o verán, así coma o bo facer de hostaleiros e comerciantes.
Martínez sinalou esta mañá que “pasado xa o ecuador de setembro toca facer balance da tempada estival en Ribadeo. É ben certo que cada ano mellora dun xeito significativo o número de visitantes que deciden achegarse a Ribadeo para gozar da nosa vila e das nosas praias, e tamén para coñecer ese Ribadeo interior que a través do Camiño de Santiago descobren moitos peregrinos que dan conta da súa beleza tranquila e diferenciadora. Falando de peregrinos o seu número volveu medrar este ano respecto aos datos do pasado, tanto nos que proceden do conxunto do estado español, coma nos que veñen dos máis diversos países do mundo. Sendo coma é Ribadeo esa porta de entrada a Galicia, que tamén é porta de entrada para o Camiño Norte, supón que en moitos casos o mesmo comezo do Camiño parta de aquí dende Ribadeo. Así podemos dicir que nos meses de xullo e agosto 875 peregrinos iniciaron o Camiño dende Ribadeo, dun total dos 7.172 que o fixeron o Camiño Norte nestes dous meses de verán”.
A edil nacionalista dixo que “se nos referimos a visitantes, e si algo destaca sobre o resto, iso é sen lugar a dúbidas a praia das Catedrais que este ano volveu superar as cifras de visitantes, rexistrando nun só día arredor de 14.000 persoas baixando ao areal. Penso que é un dato bastante significativo do que está a ocorrer nestes últimos veráns nas Catedrais, e a isto tamén lle engadimos que nunha soa xornada foron 1.700 as persoas que demandaron información turística na oficina da propia praia”. Martínez subliñou que “como ben anunciaba o alcalde fai uns días, o número total de visitantes a esta praia foi achegouse aos 365.000 visitantes, o que supón un incremento bastante importante respecto a 2013. Tamén é importante engadirlle a esa cifra, todas esas persoas que deciden elixir Ribadeo como destino en setembro e que polos datos indicados dende as oficinas de turismo chega a ser bastante considerable. A demanda que tivemos durante esta primeira quincena deste mes na propia oficina da praia das Catedrais chegou de novo a 500 persoas diarias, cunha estimación de baixada á praia nesta mesma quincena de 65.000 persoas. Cifras que eu penso que son máis que significativas, porque se facemos unha comparativa co ano pasado, falábamos nesta primeira quincena de consultas en torno a unha media de 200 persoas diarias e na baixada á praia arredor dunhas 20.000”.
A concelleira de Turismo manifestou que “estes datos, as 365.000 persoas que pasaron polas Catedrais, falan alto e claro por si solos da urxencia de tomar conciencia por parte de todas as administracións implicadas para elaborar xa dun xeito rápido e contundente ese plan de xestión para As Catedrais, que penso ten que ser un plan de xestión integral e integrador que permita a propia conservación do areal co disfrute de Ribadeo e da Mariña no seu conxunto, para que eses milleiros de visitantes que chegan á praia saiban e coñezan todas as nosas riquezas, xa que Ribadeo aparte das Catedrais ten moito máis que aportar turísticamente”.
Ana Martínez indicou que “non só somos As Catedrais evidentemente. Ribadeo conta cunha boa e diversa oferta hoteleira con máis de 1.500 prazas que durante este verán, e particularmente durante agosto, acadaron en moitos días o 100% de ocupación. O mesmo que ocorreu nesta primeira quincena de setembro onde os datos de ocupación realmente están a ser moi elevados para a época na que estamos, o que nos permite dicir que se alonga o verán en Ribadeo. O ano pasado tivemos unha demanda importante de información nas oficinas e este ano imos por enriba no número de visitantes”.
A concelleira nacionalista engadiu que “ademais de hoteis, Ribadeo aporta tamén un atractivo gastronómico indiscutible, tanto polos locais de restauración, como polos mercados de produtos locais os mércores e todos os domingos de verán, que son referentes na zona. E qué dicir da oferta cultural, sempre punteira, variada e diaria, e que ademais este verán foi espectacular. Non tería tempo para indicar e agradecer a cantos colectivos fan posible esta ampla actividade cultural. Por citar algúns, podemos empezar a falar de cómo arrancamos no mes de xullo co I Ribadeo Indiano, que coido que veu para quedarse, as actuacións musicais da Coral, da Banda e o Festival de Jazz, e tamén esas representacións de visitas teatralizadas que todos os mércores do verán a cargo dos Quinquilláns foron seguidas por un nutrido grupo de persoas ás que lles permitiron coñecer unha parte do legado indiano e unha parte importante do casco antigo. Podemos engadir actividades deportivas e un sen fin de actividades que aportan un maior atractivo para os habitantes e visitantes de Ribadeo”.
Para Martínez: “este Ribadeo que estamos a construír entre todos dun xeito conxunto entre Concello, comercio e hostalería, se sitúa cada vez mellor posicionado como referente turístico. Cos erros e cos acertos, pero sobre todo cunha calidade humana que fai que, a pesar destes duros momentos nos que as cifras de habitantes non cadran coas cifras económicas esperadas, seguimos traballando por un Ribadeo diferenciado con peso propio no sector turístico”.
A responsable de Turismo anunciou que “para iso seguimos mantendo aberta a oficina de turismo das Catedrais a diario durante este mes de setembro e a partir de outubro durante as fines de semana. Tamén temos que destacar a importancia do servizo que rematou onte mesmo do Bus Praia, que este ano aumentou o seu servizo con catro saídas diarias cara ás praias mesmo de ida que de volta. Este bus foi empregado por moita xente para visitar As Catedrais evitando problemas de aparcamento e achegando á xente á vila, que realmente é o que pretendemos, que esa xente que chegue á praia decida vir a Ribadeo. Debemos seguir traballando porque cada ano máis xente entenda que visitar as Catedrais implica tamén visitar Ribadeo no seu conxunto”.
Finalmente Ana Martínez tivo palabras de agradecemento “para o traballo de toda esa xente que dende Turismo, Cultura, Protección Civil, Medio Ambiente e dende todos os departamentos do Concello fixeron posible e coordinaron con nós o traballo deste verán. Tamén agradecer aos hostaleiros e comerciantes, que co seu bo facer invitan aos visitantes a quedarse e a falar ben de Ribadeo no mundo. Agardando ademais que este inverno coa mellora das comunicacións e a autoestrada, Ribadeo siga a ser elixido como destino de proximidade para moitos visitantes”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



