Cervo, 19 de setembro de 2014- O Concello celebrou este venres unha reunión para presentar a temporada 2014-2015 das Escolas Deportivas Municipais aos alumnos. Unha xuntanza que se celebra todos os anos uns días antes do comezo para explicar o funcionamento das Escolas, dar detalles sobre as actividades, resolver todas as posibles dúbidas que se presenten ou escoitar as suxestións. Un acto no que estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, e a representante de IG10, María Gómez.
Do mesmo xeito, informouse de que a semana que vén arrincan as clases, ás que cada alumno deberá asistir os días e os horarios establecidos para a actividade na que se inscribiu. Do mesmo xeito, as Escolas seguen abertas, polo que calquera persoa que estea interesada poderá apuntarse ao longo do curso, sempre que queden prazas libres na actividade que elixa.
Polo momento xa hai unhas 130 persoas inscritas, pero agárdase chegar aos 200 alumnos atendendo á dinámica de temporadas pasadas, nas que incluso se chegaron a superar eses datos.
Este ano o Concello ofrece 13 actividades para diferentes públicos, de forma que hai disciplinas específicas para infantís, xuvenís e adultos. “O noso obxectivo é que todos os veciños practiquen deporte e poidan atopar, como mínimo, unha actividade que sexa do seu interese” explica o edil, Luis Guillén, que lembra que “todos os anos tentamos renovar a oferta, ofrecendo actividades novas e perfeccionando as tradicionais”.
As actividades que se ofrecen neste curso son: pequexogos, baloncesto, fútbol sala, ludoarte, patinaxe artística, deportes de raqueta, multideporte e pádel para os nenos e nenas; aeróbic/zumba e skate/BMX para a mocidade; e ximnasia de mantemento, aeróbic e pilates para os adultos.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



