Esgotadas as prazas do curso Desenvolvemento de novos produtos pesqueiros, financiado por completo pola Deputación de Lugo dentro dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que contou cunha achega provincial de 30.000 euros. As 30 prazas previstas para o curso, 15 para Viveiro e outras 15 para Burela, esgotáronse ás poucas horas de abrirse o prazo de inscrición e, polo momento, xa hai lista de espera. No curso, que espertou un gran interese entre os profesionais do sector do mar, participarán tamén persoas de Nigrán, Santiago de Compostela e Corrubedo, que viron nesta actividade unha gran oportunidade para reinventarse e buscar alternativas de futuro.
Foi tal a repercusión do curso no sector que incluso un viveirense residente en Ibiza se sumou á iniciativa coa que 30 persoas, a maioría relacionadas co sector do mar, aprenderán a crear novos produtos derivados do bonito do norte e da merluza a través dunha técnica nunca antes vista, nacida grazas á colaboración do organismo provincial coa USC. Con esta iniciativa, a Deputación aposta pola investigación para crear emprego, xerar riqueza e fixar poboación, impulsando ademais o desenvolvemento de sectores punteiros como é o do mar que, no que vai de ano, xerou coas vendas de bonito do norte e merluza ó redor 57 millóns de euros.
Programación do curso
O curso celebrarase nos Portos de Burela e Celeiro durante o vindeiro mes de outubro. Este obradoiro celebrarase en varias xornadas diferentes; a primeira no Porto de Celeiro, do 30 de setembro ó 3 de outubro, e a segunda na sede da Asociación de Armadores de Burela- ABSA-, do 7 ó 10 de outubro, en horario de 16:00 horas a 20:00 horas. No obradoiro, completamente gratuíto para os participantes, hai programadas sesións teóricas e prácticas nas que se tratarán temas como a preparación de produtos reestruturados de merluza e bonito e as súas características; a manipulación de alimentos; a composición química do peixe ou os aditivos empregados no proceso tecnolóxico de reestruturación do peixe. O venres 3 en Viveiro e o 10 de setembro en Burela hai programada unha cata, coa que veciños e visitantes poderán degustar este produto, completamente novidoso no eido da alimentación.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



