O Grupo de Senderismo da ACD.Xove, xunto ó Concello de Xove, organizan a 4ª edición da Ruta Costa de Xove, que á súa vez serve como clausura da temporada de sendeirismo da ACD.XOVE. O vindeiro domingo 16 de novembro transitarán pola ruta que está sendo construída polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente nun proxecto cofinanciado pola UE, denominado “Caminos Naturales de España”, e os traballos están sendo levados a cabo pola empresa estatal Tragsa. Esta ruta seguirá a totalidade deste trazado recén construído e outras partes recentemente acondicionadas polo Concello. Serán un total de 12,5 km por zonas cercanas ó mar e de gran beleza natural. A saída realizarase dende a praia de Esteiro ás 09.30 horas dende onde partirán autobuses ata Cabo Morás onde comezará a camiñata arredor das 10.00 horas. A chega á praia de Esteiro será aproximadamente sobre as 13.30 horas. Ó seu remate os asistentes na camiñata poderán participar nunha comida no restaurante Os Faroles de A Vara, previa reserva coa organización.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



