Lugo, a 12 Novembro de 2014.- O pasado 7 de novembro, o Foro do Camiño primitivo, formado por 30 entidades culturais, veciñais e ecoloxistas, asistiu a unha xuntanza convocada pola Xerencia do Xacobeo para escoitar aos colectivos defensores dos camiños históricos, con vistas á elaboración do Plan director dos Camiños a Santiago. A xuntanza estivo presidida polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e coordinada pola empresa concesionaria Valora consultores, que confeccionará o futuro Plan Director.
Desde o Foro temos que agradecer que por fin se nos convide a un acto oficial destas características e agardamos que este acto servise, non só para xustificar o trámite da participación pública, senón para atender dunha vez por todas as reclamas que desde hai décadas se veñen realizando por todos os colectivos sociais que piden maior protección dos camiños históricos.
No obstante, a sensación do Foro do Camiño tras esta xuntanza é que a actual Xerencia do Xacobeo segue a reincidir nos vellos erros de fondo, de querer poñer os camiños históricos ao servizo e disposición do comercio e do turismo, desatendendo a esencia mesma das rutas xacobeas, baseada nos seus valores culturais, patrimoniais, históricos ou ambientais, actualmente abandonados á súa sorte.
O Foro do Camiño Primitivo trasladou ao responsable do Xacobeo a necesidade de que se priorice no deseño do Plan director dos Camiños a Santiago as medidas de recuperación e posta en valor dos elementos patrimoniais e culturais que dan sentido ás rutas xacobeas, respectando as vías orixinarias e indo máis alá da mera sinalización dunha senda con puntos de hospedaxe para peregrinos. A principal reclama do Foro foi a de que se cumpra coa lexislación vixente que protexe os camiños históricos e que obriga á administración a conservar a súa esencia, recuperar os seus valores e dalos a coñecer aos camiñantes sen alterar a súa configuración orixinal.
Alén desta petición, o Foro e outras entidades alí presentes fixeron as seguintes reclamas á Xunta: que se atendan a todas as sensibilidades ou perfís dos camiñantes; o coidado da contorna dos camiños; o impulso de estudos ou traballos de investigación histórica, etnográfica, sociolóxica ou sobre as necesidades e inquietudes do peregrino; a atención sen exclusión a todos os camiños históricos; á realización dun seguimento exhaustivo dos traballos de mantemento encomendados aos concellos (na maioría, inexistentes ou contraproducentes para a preservación dos seus valores); ou a correcta sinalización dos camiños nos treitos que pasan por Galicia.
Os colectivos defensores dos camiños históricos coincidiron en que estes se poden ver en risco de desaparición se a Xunta segue a sobrevalorar os intereses dos operadores turísticos ou das empresas hoteleiras con obxectivos estritamente lucrativos, fronte o interese xeral. Así mesmo, alentaron á administración a promover unha Mesa de participación pública,
conformada polos distintos sectores da sociedade, para redactar o Plan Director dos Camiños Xacobeos.
Cremos preciso destacar a activa participación na reunión das asociacións de máis recente creación que representan os camiños aínda non oficialmente recoñecidos, e que amosaron unha forte vontade de axudar á promoción, información e mellora dos mesmos.
Ao remate da xuntanza, o Foro do Camiño primitivo trasladou por escrito á Xerencia do Xacobeo as súas demandas para que se teñan en conta no proceso de elaboración do Plan Director dos Camiños a Santiago.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



