Cervo, 12 de novembro de 2014- A Delegación de Cultura vén de convocar dous concursos xa tradicionais nesta época do ano, un dirixido ao público adulto e outro ao infantil. Así, por terceiro ano consecutivo, celebrarase a Larpeirada de ourizo de outono, un certame de sobremesas elaboradas a base de castañas no que poden participar todas as persoas que o desexen (22 de novembro, Casa da Cultura). Para iso cada concursante terá que preparar un postre no que a castaña sexa o ingrediente predominante.
As bases do concurso xa están dispoñibles na Casa da Cultura. En canto ao programa de actividades do día 22, o concurso comezará ás 17 horas coa recepción das sobremesas na sala de exposicións. A cada postre asignaráselle un número para garantir o anonimato e un xurado encargarase de degustar e valorar cada prato. Ás 18 horas farase pública a decisión do xurado e farase entrega dos premios. Ao remate ofrecerase un magosto popular.
Ademais, durante a xornada tamén se coñecerán os gañadores do III Concurso de debuxo infantil “A Castaña”, no que poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos. Para iso teñen que presentar un debuxo coa castaña como temática principal, con técnica libre, e sobre papel ou cartolina en tamaño máximo DIN A4. O prazo permanece aberto ata o 21 de novembro e os traballos terán que entregarse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
A edil de Cultura, Begoña Alonso, explicou que estas actividades póñense en marcha co obxectivo de “exaltar este producto gallego y de temporada, y también poner en valor sus posibilidades culinarias”. Alonso destaca que con este certame “queremos potenciar la originalidad a la hora de preparar las castañas y, al mismo tiempo, compartir esas nuevas recetas con los demás para sacar el máximo partido a este fruto de otoño”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



