CADERNOS DA VIAXE. Na análsie mediática do asasinato de Jimmy, o seareiro deportivista guindado ao Manzanares na mañá do 30-N, abrollou con forza dende Madrid xa nos primeiros momentos unha teoría da equidistancia: Riazor Blues e Frente Atlético eran todos extremistas, uns de dereita e outros de esquerda e partillaban os mesmos medios violentos. Mesmo algúns (e non sempre só os media da dereita madrileña) atrevíanse a formular a tese de que o principal responsábel era o proprio morto, por viaxar a Madrid. O presidente da Liga de Fútbol Profesional, antigo militante da extrema dereita inconstitucional, chegou expresar o que moitos pensaban: “Teríamos suspendido o partido se o morto fose un seareiro normal”. Despois cesaría Lendoiro do seu cargo na devandita Liga, simplesmente por se achegar ao enterro de Jimmy expresar as súas condolencias, como adoitamos facer a inmensa maioría dos galegos, sexa de quen fór o velorio.
Non é certo que os Riazor Blues e o chamado Frente Atlético sexan iguais. Os atléticos profesan unha ideoloxía e simboloxía neonazi ou, cando menos, de extrema dereita españolista. E son coñecidos os vencellos de varios dos seus membros con actividades delictivas ou, cando menos, “lumpen”. Agardaron polos deportivistas con premeditación e bateron neles con alevosía, armados de paos, bates, nunchakos e outras armas. Canto aos Blues é certo que algúns dos seus membros non fan exhibición de bo criterio e non dan bó exemplo. Mais semella que non son delincuentes nin profesara unha ideoloxía de odio, violencia ou exclusión. Mesmo nin se pode dicir que exista unha ideoloxía común entre os seus seareiros, de non ser a afección incondicional polas cores brancas e azuis deportivistas.
Xa que logo, non é posíbel equipararmos os uns cos outros. Non é posíbel a equidistancia entre os que mallan na xente armados e os que se defenden. Non é admisíbel xulgarmos ninguén pola súa fasquía exterior. Non é presentábel botarlle a culpa do crime ao proprio morto.
E compre que dende Galicia non merquemos os relatos que dende Madrid constrúen para nos explicar a nós proprios. Compre menos preguiza mental, máis capacidade de análise e máis autoaprezo.
Xoán Antón Pérez-Lema




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



