Antonia Pernas Pernas, veciña de San Cosme, cumpría hai uns días (o pasado 2 de decembro) 100 anos. E o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, achegouse a felicitala este venres. Alí na súa casa e rodeada dos seus netos recibiu de mans do rexedor un ramo de flores e un escudo do Concello. Antonia Pernas goza dunha estupenda saúde.
