A Deputación aforra máis de 435.000 euros a outros 22 Concellos da provincia co seu Plan Enerxético. “Facémolo ao asumir todos os custes das actuacións que conleva esta programación, a diferencia do plan da Xunta de Galicia, que obriga aos municipios a pagar o 30% dos gastos”, explicou o voceiro provincial socialista.
Manuel Martínez detallou a distribución deste aforro:
– 220.000 euros das auditorías enerxéticas gratuítas, que levaron a cabo os técnicos da Axencia Provincial da Enerxía da Deputación, evitando contratacións externas ao facelo con medios propios.
– 173.200 euros ó asumir con fondos europeos a compra e instalación de 1.365 novos compoñentes enerxéticos. Precisamente, hoxe a Xunta de Goberno aprobou estes contratos.
– E 42.200 euros, que é a cantidade na que estes 22 Concellos verán reducida a súas facturas anuais pola luz debido á instalación deste material.
Os 22 Concellos beneficiados son: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Castroverde, Cervantes, Becerreá, Palas de Rei, Pedrafita do Cebreiro, Guntín, Guitiriz, Friol, Abadín, A Pastoriza, Trabada, Xove, O Vicedo, Ribadeo, A Pontenova, Riotorto, O Valadouro, Viveiro, Meira e Pol.
Agás Guitiriz, que decidiu levar este equipamento para o aforro de gastos enerxéticos ao Colexio CEIP Lagostelle, os restantes municipios quixeron situalo nos alumeados públicos.
Son un total de 37 os Concellos da provincia que decidiron sumarse de xeito voluntario ao Plan Enerxético da Deputación, aos que a institución tamén lles está a aforrar custes pola luz coas actuacións desta programación.
Novo aforro en gastos correntes
A Xunta de Goberno aprobou a adquisición de combustible para as máquinas do Parque Móbil que arranxan estradas provincias e municipais. A Deputación contratou, nun mesmo prego, 250.000 litros de gasóleo e 32.000 litros de gasolina, acadando unha rebaixa de entre o 5% e o 4% no prezo do litro. “Isto suporá unha redución media de 3 céntimo por litro de gasóleo e de 1,8 céntimos por litro de gasolina, o que supón un aforro duns 100.000 euros, tendo en conta os prezos actuais”, destacou Martínez.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



