Ribadeo, 24 de decembro de 2014. Os orzamentos municipais de Ribadeo, aprobados este martes, ascenden a máis de 9 millóns de euros. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que por primeira vez na historia da Corporación ribadense os presupostos foron aprobados antes do inicio do novo ano e destacou que se incrementaron as partidas destinadas a gasto social e inversións.
O rexedor contou que “neste pleno extraordinario, que é o último do ano 2014, aprobamos asuntos moi importantes para o concello, como poden ser os presupostos do 2015. Aínda que sempre os hai que aprobar, segundo a lei, antes de que remate o ano, esta foi a primeira vez na historia da Corporación que o fixemos así. De feito aprobamos uns presupostos de máis de 9 millóns de euros, cun incremento con respecto ao ano pasado de máis de medio millón de euros, uns 560.000. Quixemos incrementar as partidas de gasto social e tamén de inversións. O presuposto de 2015 contou cos votos a favor do grupo de goberno e coa abstención do resto dos grupos, aínda que todos fixeron pronunciamentos favorables a estas contas”.
Cemiterios municipais
Suárez Barcia indicou que “tamén houbo asuntos importantes, como a aprobación definitiva do regulamento dos cemiterios municipais, desta ordenanza que xa aprobáramos inicialmente hai un par de meses, que sacamos a exposición pública, que se fixeron alegacións e que quixemos dende o goberno municipal trata co maior coidado, sabendo que os asuntos da morte hai que tratalos con moita delicadeza. De feito estivemos estudando todas e cada unha das alegacións presentadas, que non foron moitas, pero fixemos practicamente unha estimación parcial da maioría das suxestións que nos facían en canto a horarios, en canto ao réxime da concesión… Polo tanto ninguén se ten que preocupar a partir de agora, coa aprobación definitiva desta ordenanza, da situación na que están os restos dos seus familiares nestes cemiterios municipais de Ribadeo e de Ove, posto que van contar coa maior das seguridades xurídicas e ao mesmo tempo cunha normativa moderna e actualizada; e non aquela chea de lagoas e de problemas que databa do ano 1932”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “tamén aprobamos neste pleno ordinario unha serie de reservas a esta obrigatoriedade que terán todos os provedores das administracións para a partir do 15 de xaneiro ano que ven entregar factura electrónica. En Ribadeo para todos os provedores e empresas que traballen co Concello quixemos facer unha salvidade, para que as facturas ata 5.000 euros poidan seguir presentándose en papel. Aínda que o Concello de Ribadeo está envorcado na administración electrónica en tódolos sentidos, tanto a nivel de relación cos veciños como no traballo interno, pensamos que pode ser demasiado brusco a partir do 15 de xaneiro impedirlle a calquera pequeno provedor que poida presentar a súa factura en papel”.
Persoal laboral e persoal funcionario
Na sesión extraordinaria de onte tamén se aprobou o convenio regulador do persoal laboral e o acordo do persoal funcionario do Concello de Ribadeo. “Despois de máis de dous anos de debate en numerosas mesas de negociación cos representantes dos traballadores buscamos un punto de encontro. Debemos facer unha valoración positiva da actitude construtiva e responsable dos representantes dos traballadores, pero tamén eles tiveron que valorar que nestes momentos actuais, con situacións legais que impiden incrementos retributivos e outra serie de medidas que non se poden facer, tivémonos que adaptar ao que a marxe da legalidade dá e fixemos uns textos que dan seguridade xurídica a estas relacións e que evitan na medida posible discriminacións entre traballadores, singularmente daqueles que menos retribucións teñen. Desde o goberno municipal tivemos que aceptar e integrar como parte do documento os requisitos que a Intervención municipal foi poñendo aos textos e que agora a Corporación, cunha amplísima maioría, aprobou. Agora quedan pendentes de ser ratificados polas partes: tanto polos representantes dos funcionarios como dos laborais”, engadiu Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



