O Teatro Quijano de Ciudad Real converterase este martes 30 de decembro, ás 12.00 horas, no escenario do sorteo de emparellamentos da Copa de España de Fútbol Sala, que será ademais emitido en directo por Teledeporte. Un acto no que quedarán configurados os cuartos de final do torneo e no que os protagonistas serán os oito mellores equipos da Liga ao final da primeira volta: Inter Movistar, FC Barcelona, ElPozo Murcia, Palma Futsal, Jaén Paraíso Interior, Aspil Vidal Ribeira de Navarra, Magna Navarra e Burela Pescados Rubén.
Inter Movistar e FC Barcelona, primeiro e segundo clasificado de Liga respectivamente, serán cabezas de serie e non poderán enfrontarse ata unha hipotética Final do torneo, que se celebrará no pavillón Quijote Area do 12 ao 15 de marzo. O Inter Movistar, tamén vixente campión do torneo, xogará o xoves 12 de marzo e o FC Barcelona comezará a súa andadura copeira o venres 13 de marzo. O resto de equipos clasificados entrarán en sorteo puro.
O acto estará conducido polo xornalista de TVE, Jesús Álvarez e será transmitido en directo por Teledeporte e online a través de rtve.es e lnfs.es. A alcaldesa de Cidade Real, Rosa Romeu, será a man inocente que repartirá sorte entre os equipos participantes, que estarán representados por un xogador: Ricardinho, de Inter Movistar; Bateria do FC Barcelona; Gabriel Lima de ElPozo Murcia; Vadillo de Palma Futsal; Buendía do Jaén Paraíso Interior; Andresito do Aspil Vidal Ribeira de Navarra, Dani Saldise do Magna Navarra, e Jorge Bellvert do Burela Pescados Rubén.
Xunto a eles estarán presentes no sorteo o presidente da LNFS, Javier Lozano, o director xeral de Cultura da Xunta de Comunidades de Castela A Mancha, Francisco Javier Morais, o presidente da Federación de Fútbol de Castela A Mancha, Antonio Escribano, concelleiro de deportes de Ciudad Real, César Manrique, representantes dos patrocinadores da LNFS, Kelme e Talleres Motrio, directivos dos clubs participantes, e numerosas personalidades do mundo do deporte e da política de Ciudad Real.
Os horarios dos partidos xa están definidos, pero será TVE quen fixará posteriormente a orde de cada eliminatoria:
– Cuartos de Final: 19.00 horas e 21.15 horas
– Semifinais: 17.30 horas e 19.45 horas
– Final: 20.00 horas
O acto dará comezo ás 12.00 horas, pero ao ser televisado en directo, o acceso ao teatro será ata as 11.45 horas. A LNFS quixo facer partícipe deste acto aos ciudadrealeños e aqueles que consigan a súa invitación poderán presenciar in situ o sorteo, e ao término do mesmo terán a oportunidade de fotografarse co trofeo da Copa de España.
As entradas para a XXVI Copa de España poden adquirir a través de www.marcaentradas.com e www.lnfs.es.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
