O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, impulsa unha declaración institucional no Pleno Provincial do martes para apoiar as reivindicacións do sector veterinario e solicitar a suspensión da construción de cinco novos centros no país, tanto de carácter privado como público. Gómez Besteiro mantén que a apertura de novas facultades minguaría a calidade docente e dificultaría a incorporación de veterinarios ao mercado laboral. O Presidente defende que o investimento de recursos económicos na universidade debe ir vinculado a garantir o acceso a estudos universitarios a calquera persoa independentemente do su nivel de renda, así como que a Facultade de Lugo é un referente nacional e europeo, que conta cos máximos recoñecementos continentais dende 2002.
Coa aprobación da declaración institucional que promove Gómez Besteiro na sesión plenaria deste martes, 30 de decembro, a Deputación de Lugo expresa o seu “máximo apoio ás reinvindicacións da Confederación de Decanos e Decanas de Veterinaria de España, do Colexio de Veterinarios español e dos estudantes da Facultade de Veterinaria de Lugo, ante a construción de centros públicos en Lleida, Valencia e País Vasco, e privados en Madride e Alicante”.
Argumentos
O texto apunta que “recoñecendo a competencia autonómica para o deseño da oferta universitaria, dende a Deputación consideramos que a apertura de novas facultades de veterinaria minguaría a calidade docente e dificultaría a incorporación de veterinarios ao mercado laboral, incapar de absorber o incremento de recén titulados”. Actualmente, e segundo datos do Colexio de Veterinarios de España, cada ano gradúanse 1.200 estudantes, mentres que a inserción laboral se cifra en torno aos 600 postos de traballo anuais.
“Consideramos que o investimento de recursos económicos na universidade debe ir vinculado a garantir, por medio de bolsas e outros programas, o acceso a estudos superiores de calquera persoa independemente do seu nivel de renda”. O investimento que supón a creación de cinco novos centros de veterinaria supón un dispendio de recursos económicos ante a elevada contía de novas instalacións e mantemento anual. Só na construción dun novo centro o investimento roldaría os 15 millóns de euros debido ás especificidades asociadas a estes centros, que contan con laboratorio, salas de disección e necropsias, hospital veterinario…
“A Facultade de Veterinaria de Lugo é un referente nacional e europeo que conta cos máximos recoñecementos continentais dende 2002, e que atrae estudantes non só do territorio nacional, senón tamén doutros países. Ademais, como sinala a European Association of Establishments for Veterinary Education, o ratio de facultades de veterinaria sitúase en un centro por cada 7 millóns de habitantes. Actualmente, España conta con 12 centros e, de favorecer a construción deste cinco novas dotacións, acadaríase a sobredimensionada cifra de 17 facultades”.
Por todo o anterior, o Presidente presenta este texto ao Pleno Provincial para declarar:
“O máximo apoio da Deputación de Lugo ás reclamacións da Confederación de Decanos e Decanas de Veterinaria de España, do Colexio de Veterinarios de España e, singularmente, dos estudantes e docentes da Facultade de Veterinaria de Lugo, que solicitan a suspención da construción de cinco novos centros de veterinaria en España, por ir en contra da calidade docente e por ser pernicioso para o mercado laboral do sector, incapazar de satisfacer a absorción de recén titulados”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



