Barreiros, 29 de decembro de 2014. O Concello de Barreiros acaba de reformar as gradas do pavillón municipal, colocando táboas de madeira por encima da estrutura de formigón xa existente, para favorecer a comodidade do público que fai uso deste edificio deportivo. Os traballos de carpintería e vernizado da madeira foron realizados polos alumnos do obradoiro conxunto que están a levar a cabo os Concellos de Lourenzá, Trabada e Barreiros, e a colocación correu a cargo do persoal municipal barreirense. A iniciativa foi proposta ademais aos equipos de fútbol Iberia e Celta Barreiros para reformar as súas bancadas. O Iberia aceptouna e nos vindeiros meses procederá á colocación da madeira nas súas gradas, despois de examinar cales son as zonas con menos humidade e máis axeitadas para efectuar os cambios.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, explicou que “pouco a pouco vanse facendo melloras no pavillón municipal e neste caso o que se fixo foi, dadas as propostas que se recibiron cando vou por alí, cambiar a grada que era de formigón e ao estar alí un tempo sentado daba bastante frío. O que se fixo foi colocarlle unhas táboas de madeira, de forma que agora é máis cómodo estar alí. É dicir, non é tan frío o asento, e iso puidemos facelo a través dun traballo no obradoiro e colocámolo con persoal municipal”.
O rexedor contou que “isto mesmo ofrecémosllo aos equipos de fútbol, tanto ao Iberia, coma ao Celta Barreiros, aínda que este último xa ten nas súas gradas cadeiras de plástico. Ofreciámoslles a posibilidade de colocar nas súas gradas algo que é moi agradecido cando tes que estar máis dunha hora sentado encima do cemento, e sobre todo nestas datas, e no Iberia si están interesados en colocalas. Van mirar cales son aquelas zonas nas que a auga non entra para evitar que esta estea en contacto coa madeira porque senón acaba apodrentando. Van mirar os metros que fan falta e procederase a colocala tamén.
Fuente Parga engadiu que “o persoal que está traballando no obradoiro que temos en conxunto entre os tres Concellos de Trabada, Barreiros e Lourenzá, preparou estas táboas en poucos días, e noutros dous días o persoal do Concello procedeu a colocalas. Trátase dunhas táboas de pino vernizadas e aparafusadas ao formigón das gradas”.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



