Lugo, 30 de decembro de 2014.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo asegurou este martes, durante o debate da iniciativa socialista sobre as medidas pertinentes para garantir a subministración enerxética dos consumidores vulnerables en situación de pobreza enerxética, que non aceptamos leccións dun partido político que entre 2005 e 2011 incrementou a tarifa eléctrica nun 67% e deixou un déficit de tarifa de 30.000 millóns de euros.
Así, a popular considera que non deixa de ser sorprendente que aqueles que xeraron as situacións máis difíciles en materia de enerxía, os mesmos que hoxe falan de pobreza enerxética, cando eles gobernaban e contemplaban como a factura subía de forma desmesurada, non dicían, nin facían nada.
Candia asegurou que, por primeira vez, estamos ante un compromiso real co aforro e a eficiencia enerxética, lonxe do compromiso do anterior Goberno nacional que se circunscribía a regalar as bombillas ou a suxerir os ministros e deputados que fosen sen gravatas.
A popular explicou que este compromiso do PP se reflexa nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2015, onde se destinan 260 millóns de euros en programas de incentivos como son os do vehículo eficiente ou axudas á rehabilitación enerxética de edificacións.
De igual maneira, dentro deste compromiso na Lei do Sector Eléctrico, séguese mantendo o bono social, ao que teñen dereito aquelas persoas que cumpran algunha destas condicións: potencia contratada inferior a 3 kilovatios na súa vivenda habitual; persoas que teñan 60 ou máis anos de idade, que sexan pensionistas e perciban as cuantías mínimas; familias numerosas ou que teñan todos os seus membros en paro.
A maiores o goberno da Xunta tamén rubricou o seu compromiso de reforzar o apoio ás familias galegas no eido enerxético, en especial con aquelas que son mais vulnerables. Cómpre lembrar que nos Orzamentos 2015 da Xunta de Galicia os fondos do Tícket eléctrico (co obxecto de reducir o custo da factura para aquelas familias con menos recursos) multiplícanse por 2,5 en relación cos do presente exercicio, ata alcanzar os 1,5 millóns de euros.
E por último, en todo momento, a Xunta está a defender os intereses dos consumidores galegos, tamén no do eido enerxético. Nos dez primeiros meses de 2014 o Instituto Galego de Consumo leva tramitado máis de 3.000 reclamacións relacionadas co sector eléctrico, das cales un 53% xa foron resoltas de xeito favorable para o consumidor. De xaneiro a outubro abríronse 443 expedientes sancionadores relacionados co sector eléctrico, un 52% máis que en 2013.O importe dos expedientes relacionados co sector eléctrico no que levamos de 2014 é de 4,8 millóns de euros, case o triplo da contía recadada o pasado ano (1,8 millóns de euros).
















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



