Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén abrirán 2015 ao grande, co último Día do Club 2014-15, coa visita do FC Barcelona o sábado 10 de xaneiro (20.00 horas, emitido en directo por TVG2). A venda anticipada estará aberta dende este venres ata o venres 9 ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).
PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros
Abono Familiar: 5 euros/entrada
Abono Estudante: 5 euros
Abono Xuvenil: 5 euros
Abono Xubilado: 5 euros
Abono Infantil: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 anos: 3 euros
Burela FS-Poio
A do día 10 será unha tarde laranxa cento por cento, con maratón de elite. Ás 16.00 horas estreará o ano o Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF, fronte ao Poio Pescamar FS.
España-Ucraína
Ata o vindeiro luns, 5 de xaneiro, ás 14.00 horas tamén estará aberta a venda de entradas para o encontro amigable entre España e Ucraína de Vista Alegre (luns 5, 17.00 horas). Para menores de 18 anos o prezo será de 2 euros e para adult@s de 10 €, aínda que todos os menores de idade que acudan acompañad@s dun adulto terán entrada gratuíta (será imprescindible ensinar o DNI na entrada).






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
