Nota de Prensa
O GPPP acusa á Deputación de retrasar o desenvolvemento dos polígonos industriais na provincia
Salientan que a iniciativa propia do actual bigoberno neste eido é prácticamente inexistente, o que amosa unha total falla de apoio a crecemento industrial de Lugo
Lugo, a 21 de agosto de 2009.- A Deputación de Lugo non apostou nos algo máis de dous anos do goberno bipartito pola creación de chan industrial na provincia. Así de rotundos se amosaron dende o Grupo provincial do Partido Popular á hora de valorar o traballo desenvolvido neste ámbito pola administración provincial.
Prácticamente non se presentou ningún proxecto novo encamiñado a ampliar o espacio adicado á promover e facilitar a implantación industrial, e a actividade da Deputación limitiouse a continuar a tramitación dos proxectos iniciados polo anterior goberno provincial, moitos dos cales acumulan un retraso considerable ou atópanse literalmente paralizados, aseguran os populares.
“Eso si, o equipo de goberno non tivo ningún reparo en adicar preto de dous millóns de euros a adquirir un novo inmoble para albergar as novas oficinas de Suplusa”, engaden.
Así, segundo explican dende o GPPP, se en 2006 estaban presupuestadas actuacións en áreas industriais de 31 concellos da provincia, “nas que pouco se avanzou, dado que, por facer referencia a algúns casos concretos, nas de Abadín, Paradela, A Fonsagrada ou Trabada aínda se está a modificar o planeamento urbanístico; en Burela non se fixo prácticamente nada e o que se fixo fixose mal e só están en venta parcelas dos parque de Baleira e Ourol. Neste último coa particularidade de que o vial de acceso (a CP 3809) presenta un estado lamentable e que as obras de reparcelación ou de dotación de servicios están sen rematar”.
O GPPP, segundo lembran, interesouse por estas deficiencias e instou á Deputación a que as subsanase no tempo máis breve posible; incluso o propio Concello se queixou en varias ocasións desta situación dende finais do pasado ano sen que ata o momento houbera sequera unha resposta oficial ou se adoptara algunha medida correctora.
Outro dos aspectos sobre os que inciden os populares é a “coincidencia, demasiado reiterada nas actuacións do bigoberno provincial, de que as únicas propostas relativamente novas que plantexaron en estes algo máis de dous anos corresponden a municipios socialistas”. Refírense, en concreto, ós estudios de viabilidade iniciados para a creación de polígonos industriais nos concellos de Becerreá, Triacastela e Pol. E o da “relatividade” fai referencia a que, a excepción do caso de Triacastela, os outros dous municipios estaban incluidos na lista dos 31 concellos no que o anterior equipo de goberno provincial tiña previsión de intervir.
“En resumo”, aseveraron dende o GPPP, “non só retrasan ou paralizan o previsto e reducen á mínima expresión a súa iniciativa propia, senón que está fíxase en función de intereses partidistas”.
Resulta evidente e significativo, por tanto, segundo os populares, que o ritmo de creación de chan industrial ralentizouse drásticamente coa chegada do bigoberno á Deputación, en contraste co dinamismo que neste eido imperaba durante a etapa anterior.
REDUCIDA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA.-
O ritmo de traballo da administración provincial no que ó chan industrial se refire evidenciao, por exemplo, segundo recalcan dende o GPPP, o feito de que o Inludes tivera comprometido a finais do pasado ano únicamente o 10,5 por cento do gasto en investimento real previsto para o exercicio 2008. É dicir, investira pouco máis de 445.000 euros dos 4,2 millóns de euros que tiña consignados para este capítulo.
Así, se xa resulta reducido de por si adicar a investimento real o 25 por cento do orzamento total co que contaba o Inludes no 2008 (algo máis de 16 millóns de euros), resultaba aínda máis mísero o gasto realizado.
Aínda sendo ésta a situación, dende a Deputación “véndese” periódicamente a execución de trámites ou obras que xa estaban previstas e presupuestadas nos orzamentos de 2006 e que, pese a todo e a día de hoxe, continúan pendentes.


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



