Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015. A Mesa pola Normalización lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira, formará parte dunha delegación de representantes de ELEN (European Language Equality Network) que acudirá a cuarta feira 21 de xaneiro á sesión da Revisión Periódica Universal das Naciósn Unidas onde o informe de dereitos humanos do Estado español será revisado polo Reino Unido, Serra Leoa e Macedonia.
Ademais da Mesa pola Normalización Lingüística, a delegación de ELEN estará composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ACPV), , Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana).
No informe que se presentará relátanse un amplo número de casos concretos de discrimación lingüística nos países do Estado con lingua propia diferente do español nos últimos anos.
No referido a Galiza trátase de casos que A Mesa pola Normalización Lingüística ten feito públicos entre 2012 e 2013. Entre eles retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma. No referido ao dereito á educación, o informe sinala tamén retrocesos a respecto da oficilidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta como o Decretazo contra o galego que por primeira vez limita o uso do galego no ensino.
Os casos reseñados non son máis que unha parte da totalitade da discriminación que se producen realmente, xa que en moitas ocasións, as vítimas destes abusos ilegais non o denuncian, e a información tampouco chega ás entidades en defensa da lingua ou aos medios de comunicación.
Nos tribunais, que deberan ser garantes dos dereitos humanos, a situación é especialmente grave, denunciándose casos como a non aceptación dunha demanda en Vigo por estar feita en galego ou o dun xulgado catalán que retirou a custodia dunha filla ao pai, alegando que lle falaba en catalán para separala da nai.
O informe chega á conclusión de que as autoridades españolas “encoraxan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos.”
Por outra banda, tendo en conta a grande cantitade de probas detalladas en moitas áreas diferentes, resulta clara a conclusión que “a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está instotucionalizada”.
A sesión da UPR que terá lugar en Xenebra, avaliará diferentes cuestións relativas ao cumprimento dos deberes do Estado español e relación cos dereitos humanos, entre elas a lingua (Pódese ampliar información nas webs oficiais do organismo: http://www.ohchr.org/EN/HRBodies/UPR/Pages/ESSession21.aspx e https://uprdoc.ohchr.org/uprweb/downloadfile.aspx?filename=1316&file=EnglishTranslation). Tras este exame emitirase un informe sobre a situación no Estado español.
O acto, que comezará ás 09.00 horas, poderase ver en directo a través da televisión da ONU: http://webtv.un.org/. A continuación os representantes de ELEN, entre eles o presidente da Mesa, ofrecerán unha avaliación na sala XXIII do edificio da ONU.
A Rede Europea pola Igualdade Lingüística (ELEN) constituiuse no 2011 para traballar na protección e promoción das nacións sen estado de Europa e as linguas en minorizadas. Até agora ELEN representa 44 linguas en 21 Estados europeos.
“A discriminación por razóns lingüísticas é un ataque aos dereitos humanos e son indicativos dunha visión de supremacismo lingüístico que se está a reforzar nos últimos tempos, e en Galiza promovida por un goberno que ademais ten a obriga legal de defender o galego. Con esta denuncia estamos a defender o dereito ao uso con absoluta normalidade da lingua propia”, indicou o presidente da Mesa. Para Maceira, “é lamentábel que aínda se produzan situacións como as que se denunciarán perante a ONU e que sexan entidades como A Mesa quen actúen para estes casos sexan coñecidos pola comunidade internacional”.
O presidente da Mesa indicou tamén que ademais da denuncia internacional cómpre unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega á que chamou a participar tanto nos diferentes actos que a plataforma Queremos Galego está a organizar en todas as comarcas galegas, como na manifestación que a plataforma cidadá convocou para o 8 de febreiro e na que prevé unha participación masiva.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



