Alfredo Llano García, como portavoz e en nome do Grupo Municipal Socialista presenta a seguinte moción para a súa inclusión na orde do día do pleno do 22 de xaneiro de 2015, para o seu debate e aprobación, a favor de solicitar un pediatra para cubrir a vacante, producida por xubilación da titular, na Unidade de Atención Primaria de Burela, e ao amparo do establecido pola lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o Real Decreto 2568/1986, do 29 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, artigo 97.3.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende o primeiro de xaneiro do 2015, por xubilación da profesional titular, o Centro de Atención Primaria de Burela quedou sen unha especialista en pediatría. Esta profesional traballaba a tempo parcial con un horario de doce a tres, o resto do tempo, de oito a doce, é atendido por outra especialista en pediatría.
As autoridades sanitarias compensan a perda da especialista con unha médico de familia que non é pediatra, e aseguran que o servizo sae ganando xa que a nova contratación é a xornada completa. Esta médico non pediatra encargarase de atender a 837 pacientes de 0 a 15 anos. A pediatra a tempo parcial ocuparase de 509.
No denominado Plan de Mellora que o Sergas aplica, ou pretende aplicar, dise explicitamente que “debe evitarse a contratación de médicos non pediatras para facer de pediatras, non xa só pola propia necesidade actual de médicos de familia, senón tamén porque debe garantirse que toda persoa de 0 a 15 anos teña un pediatra asignado, de referencia”. E segue “O pediatra é un ben necesario. Por iso é imprescindible empregalo para aquilo que só el pode facer e deixar para outros profesionais o desenvolvemento de actividades máis sistematizadas e de menor complexidade”.
Por outro lado a Sociedade de Pediatras considera necesario aumentar as prazas de formación de médicos internos residentes (MIR) na especialidade de Pediatría para cubrir a demanda existente destes especialistas nos centros sanitarios, especialmente en Atención Primaria xa que estes profesionais son claves para a saúde dos nenos/as.
Tamén se observa que ó mesmo tempo que as xubilacións van incrementándose, descenden o número de prazas ofertadas, polo Ministerio de Sanidade ou Comunidades, para Pediatría na formación especializada de Médicos Interno Residentes (MIR). Na última convocatoria publicada para 2015, ofertáronse 392 pazas, 10 menos que na convocatoria anterior. Hai que ter en conta que non é o mesmo a formación dun médico de familia que a de un médico que se formou durante catro anos para atender a nenos.
É evidente que na situación actual na que se atopa o Centro de Atención Primaria de Burela non está garantida a atención pediátrica para todos os nenos de 0 a 15 anos. Por iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Burela presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:
1.- Solicitar ó SERGAS, que cubra con un médico especialista en pediatría a vacante producida por xubilación da titular na Unidade de Atención Primaria de Burela e así poder garantir atención especializada ós nenos/as de 0 a 15 anos.
2.-. Aumentar as prazas de formación de médicos internos residentes (MIR) na especialidade de Pediatría para cubrir a demanda existente destes especialistas nos Centros Sanitarios de Atención Primaria.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



