Foz, 22 de xaneiro de 2015.- Marifran Fernández López e Noelia Fernández Fernández foron as gañadoras do sorteo do Campañazo de xaneiro, que tivo lugar o pasado día 16. Cantaron o bingo á vez na cafetería Fraggle Rock e foron premiadas con 150 euros en vales de compra, cada unha. Ambas recibiron onte os agasallos xunto ao resto de premiados no terceiro sorteo deste mes.
Este venres ás 23 horas nova cita co Campañazo, que organiza ACIA/CCA Foz, ao que se incorporan tres novos asociados: cafetería As Torres, Farmacia Nois e Servicio Automóvil Jaemi.
O resto dos comercios que participan son: Librería Bahía / Din Don, Cenor Belianorte, Catorce Cero Catro Shop, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Centro Dietético y Nutrición Alba Vila, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estanco Expendeduría Nº2 (García Lorca), Farmacia Antonio Ulloa, Librería A Rapadoira, Ferretería Fuente, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre y Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense 2, Lencería Esther, Longarela Moda Hombre y Mujer, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Pescadería Os Coyotes, PI-R Moda Hombre, 5 Lobiños Moda Infantil, Joyería Iria Rodríguez, Farmacia Fátima Saa, Salai Campo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Subministros Veipa, Viajes Rodríguez, Mapfre, Asesoría Marcos Fernández, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Estación de Servicios Foz, MRW, Alain Afflelou, Peluquería Ramone. E os establecementos hostaleiros: Restaurante Bar Acuario, Restaurante Asoalta, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Happy Days, Cafetería Xoyma, Restaurante Fina, Cervecería Portovello, Cervecería Regata, Bar O 78, Fraggle Rock, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Casa Damián, A Rula, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Marexada, Pizzería Xoíña, O Chícaro, Cafetería Mary Ros, A Bolera, O Sera, Cafetería Express e Bar O Naútico.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



