Burela, 23 de xaneiro de 2015. A concellería de Servizos Sociais de Burela está a colaborar estes días cos veciños e veciñas do municipio en dúas convocatorias de axudas ofertadas pola Xunta de Galicia para o presente ano 2015. A primeira é a destinada a conceder subvencións a asociacións de nais e pais do alumnado pertencente a centros educativos galegos, sostidos con fondos públicos. E a segunda está dirixida a aquelas persoas que contasen, no pasado ano 2014, con redución de xornada laboral nos seus traballos. Nos dous casos, a concellería burelesa ofrece información e axuda aos veciños para poder levar a cabo os trámites necesarios na solicitude destas subvencións. Os interesados poden coñecer detalladamente estas dúas convocatorias nas oficinas municipais dos Servizos Sociais de Burela, situadas na Casa do Concello e abertas en horario de 8 a 15 horas. O prazo de presentación de solicitudes das dúas convocatorias está aberto ata o vindeiro 20 de febreiro.
A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, explicou que “no caso das axudas destinadas ás ANPAS, poderán participar na convocatoria todas as asociacións de centros educativos sostidos con fondos públicos que estean inscritas no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. As axudas están destinadas á realización de programas de actividades extraescolares e complementarias, dirixidas a alumn@s de educación infantil, primaria e centros de educación especial que teñan como obxectivo contribuír á conciliación da vida laboral e familiar no curso 2014-2015. Na valoración das solicitudes, tal e como establece a Xunta, primarase a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero”. A contía máxima desta subvención será de 6.000 euros por entidade e o prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 20 de febreiro.
No caso das axudas destinadas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. A edil de Servizos Sociais comentou que “poderán ser beneficiarios dela todos os homes, traballadores por conta allea, que se atopasen en situación de redución de xornada laboral ata o pasado 31 de decembro de 2014. Ademais, tamén o serán todas aquelas familias monoparentais, tanto homes coma mulleres, que se atopen nesta situación. O obxectivo destas axudas é contribuír á conciliación da vida laboral e familiar e impulsar un cambio de roles, implicando aos homes no coidado e atención dos seus fillos e fillas e facilitando o mantemento das traballadoras que teñen responsabilidades familiares no mercado laboral”. A contía destas axudas irá dende os 1.600 ata os 3.600 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao cargo. A concesión destas axudas realizarase na modalidade de pagamento único e de forma continuada, tal e como establece a Xunta na correspondente convocatoria. Ao igual que na axuda ás ANPAS, o prazo de solicitude remata o 20 de febreiro.
Diana Durán, animou aos interesados “a achegarse ata os Servizos Sociais do Concello para coñecer máis polo miúdo estas convocatorias e contar coa axuda dos nosos técnicos municipais á hora de facer os trámites que precisen”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



