Mujeres en Igualdad Burela realizou este venres unha entrega de alimentos masiva nas súas instalacións. Mujeres en Igualdad Burela atende habitualmente a familias necesitadas de Burela facendo un reparto mensual de alimentos e roupa para aquelas persoas que o precisan e, ademais, de forma continua e cando o precisan as mujeres vítimas de violencia de xénero e as persoas ao seu cargo. No último mes, durante tres ocasións, tamén se realizaron entregas extra de alimentos, que son doados dende o Banco de Alimentos de Celeiro cando teñen excedentes. Para estas ocasións Mujeres en Igualdad Burela xunto co Concello unifican usuarios beneficiarios de ambos e fánlles entrega dos mesmos.
