O programa “Parolando”, de Radio Burela, organizou este xoves 29 de xaneiro un debate sobre o islam relacionado, en gran medida, cos últimos sucesos ocorridos en París. Asistiron catro musulmáns de Marrocos que residen na Mariña Lucense: Mohammed, de Burela; Andul Aziz, de Barreiros; Omar, de Foz, e Abdul, de Lourenzá. Falaron das cousas que cren na súa relixión, da cidade santa da Meca, do papel da muller no mundo musulmán, do terrorismo yihadista e das caricaturas de Mahoma en certas publicacións. A conclusión final foi que todas as crenzas poden entenderse pacificamente, porque o islam significa paz e nunca esa violencia que nos fan ver os medios de comunicación. Dentro do respecto mutuo todos podemos convivir.
Debate sobre o islam en Radio Burela
Debate sobre o islam en Radio Burela
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores