Ó coincidir a campaña electoral co Entroido tradicional e popular, fai que , en paralelo, se desenvolva o que é mais particular, que promoven os políticos.. O feito diuse tamén na cita de 2011, coincidindo ambos “entroidos”, o lúdico e o político, e os candidatos deste aproveitaron para dar a coñecer as propostas que ían resolver a problemática social, cultural e económica, que nos efectan. .. Partindo destas premisas o PSOE aportou a iniciativa que, según eles, rematarìa co paro na bisbarra: unha potente cooperativa agrogandeira que, coa transformación das materias primas, absorvería a producción e con ela a man de obra da comarca. Pola súa banda, o PP levaba como estrela o consabido Porto Deportivo, que potenciaría o turismo (da escritora Elvira Lindo son estas verbas: ” só o político é capaz de prometer a ponte onde non hai río”), UNIFOZ anunciaba que o melloraría(¿?) e o BNG, nun alarde de progresismo e visión de futuro de amplo calado, dotaría a vila de Praza de Abastos, modalidade xa entón obsoleta, superada por canles de comercialización mais acordes coa dinámica da sociedade. En todo caso , como alguén dixo, “nada mellor que o carnaval para celebrar unha feira do voto, na que todos compiten en vender peines para calvos”. Temos lido:” a democracia permite que cad catro anos elixamos aos que nos van decepcionar”. ¿Cre , lector amigo, que de non tratarse dunha “carnavalada”, propia do tempo, os políticos farán semellantes plantexamentos?. O que suscribe pensa que non, pois do contrario rematarían coa depauperada credibilidade da crás: unha mágoa . A piques de nova vivencia similar; catro candidaturas , algunhas amparadas tras insólitas máscaras. Neste intre acude á nosa memoria a tan afastada etapa estudiantil: en Lugo, un personaxe popular, chamado Manuel, vendía por rúas e bares da cidade lotería nacional, e tamén o xornal. Cando Franco removía algúns ministros, Manuel pregoaba: “¡ Noticias frescas!.¡ Franco cambia el Gobierno!¡Son los mismos perros con distintos collares…!” Eran cousas do Manuel…
Disfrute, lector, do entroido popular e tradicional, e que o ” paralelo” sexa livián…
Suso Fernández

















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



