BURELA (FNC) .- O delegado de Industria, Comercio e Turismo de Burela José González Legazpi ven de anunciar que o barco museo Reina del Carmen estará presente no programa Turismo Mariñeiro que está a desenvolver Turgalicia. Burela recibiu xa o protocolo para que dito proxecto sexa unha realidade.
O edil nacionalista sinala que “resulta evidente que non chega con que os recursos turísticos e culturais dun Concello existan, senón que deben valorizarse constantemente para dotalos da necesaria importancia recoñecemento e singularidade. Dende este posicionamento a Delegación de Turismo do Concello de Burela ven traballado de forma intensa e constante e así o pasado ano 2008, o barco museo Reina del Carmen recibía a súa catalogación museística por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e recentemente formaba parte do Proxecto Fénix levado a cabo pola Sociedade Galega de Educación Ambiental. E agora que sexa tamén incluido o no interesante proxecto que esta a desenvolver Turgalicia, denominado Turismo Mariñeiro”.
González Legazpi considera que “o proxecto que está a desenvolver Turgalicia denominado Turismo mariñeiro representa unha nova forma de turismo vinculado ao coñecemento e disfrute dentro do ámbito de trascendencia mariñeira, de tal xeito que resulta positivo e interesante para o Concello de Burela, en tanto que xerará con toda seguridade novas posibilidade de turismo e condicións de coñecemento e incluso práctica do medio mariñeiro”. O concelleiro de Turismo engade que “de acordo aos recursos do noso Concello, en principio interésamos a inclusión nese proxecto do barco museo Reina del Carmen xa que reúne todas as condicións e posibilidades para integrarse dentro deste interesante programa vencellado ao mundo mariñeiro, ainda que non se descartan outras posibilidade de inclusión futuras conforme se vaia desenvolvendo este novo proxecto de Turgalicia”.
José González Legazpi suliña que “o Concello de Burela avanza, de forma significativa, na súa consecución de destino turístico dentro da comarca da Mariña, e a inclusión do barco museo Reina del Carmen no proxecto de Turgalicia denominado Turismo mariñeiro afianza estas condicións de influencia e potenciación. En definitiva dende o Concello de Burela estánse a valorizar os recursos de forma determinante e aplicando as máximas condicións de desenrolo porque son estes os parámetros que nos están dando referencias positivas e os que nos traerán sen dúbida potencialidade turística e cultural e por conseguinte desenvolvemento socioeconómico”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



