Foz, 20 febreiro de 2015.- O BNG de Foz presenta a debate no pleno deste mes unha moción para conseguir que todo o mundo teña a tarxeta sanitaria que lle dea acceso á cobertura sanitaria universal.
A aprobación da Lei Xeral de Saúde Pública do PP, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2012, deixou sen cobertura sanitaria a moitas persoas. Así sucede con algúns desempregados que non teñen cobertura sanitaria porque non cumpren a condición de “esgotar unha prestación ou subsidio por desemprego a partir do 1 de xaneiro de 2012”. Isto ocorre, por exemplo, cun estudante maior de 26 anos ou un autónomo que se deu de baixa na súa actividade e nunca cobrou o paro.
Os colectivos máis afectados por esta nova normativa son os inmigrantes sen permiso de residencia (aínda que leven moitos anos aquí), as empregadas do fogar inmigrantes aos tres meses de perder o seu traballo, os ascendentes con permiso de residencia por reagrupación, os parados que esgotasen a prestación e o subsidio e pasen máis de 90 días ao ano fóra de España, os maiores de 26 anos que non traballasen (teñen dereito á asistencia, que solicitan no INSS, pero non ao cartón sanitario europeo) e os pensionistas que deben afrontar repagos de medicamentos. Pero en definitiva quen perdemos somos tod@s nós porque perdemos un dereito que nos daba unha cobertura universal, independentemente da nosa situación. Segundo a responsable local do BNG e candidata nas próximas eleccións,
Lorena Seivane, “o Goberno do Estado e da Xunta condea a milleiros de xoves a emigrar por falta de traballo (24.600 en 2014) e despois aínda por riba deixaos sen cobertura sanitaria cando volven. Isto é un total despropósito”.
No outono de 2012 entrou en vigor o Real Decreto 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde, unha norma que privou da tarxeta sanitaria ás persoas emigrantes que non poidan regularizar a súa situación en España e que deixou sen este dereito a unhas 873.000 persoas no conxunto do Estado e arredor de 10.000 en Galiza.
Para Lorena Seivane “comprobouse que con este decreto, a asistencia sanitaria deixou de ser un dereito de todas as persoas, e pasou a ser unha prestación vinculada á condición administrativa de asegurado. Ademais restrínxense certas prestacións e auméntase a carga económica directa para as persoas, ademais de que despraza a atención ás urxencias (se esta se logra) e xera atraso diagnóstico e agravamento das patoloxías, o que supón un aumento do gasto sanitario para a súa atención”. Estudos noutros países demostraron que medidas de exclusión sanitaria similares xeraron un gasto ata catro veces maior do que custaría cunha atención inclusiva.
A asistencia sanitaria universal é un dereito recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, é unha obrigación ética e deontolóxica e é unha recomendación da OMS para estendela á maioría da poboación mundial. Tamén, o Consello de Europa advertiu xa ao Estado Español do incumprimento dun tratado internacional (Carta Europea dos Dereitos Sociais) respecto a este asunto. O propio Tribunal Constitucional afirmou en dous autos que “o dereito á saúde e o dereito á integridade física das persoas afectadas…, así como a conveniencia de evitar riscos para a saúde do conxunto da sociedade, posúen unha importancia singular no marco constitucional, que non pode verse desvirtuada pola mera consideración dun eventual aforro económico que non puido ser concretado”.
Por todo isto, o BNG insta, a través desta moción, á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado a derrogación da Lei de Saúde Pública vixente e a elaboración dunha Lei de Sanidade na que se estableza a cobertura sanitaria gratuíta e universal co fin de non deixar a ningunha persoa sen poder acceder a ela.
Lorena Seivane García
Responsable Local do BNG.

















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).