Burela, 24 de febreiro de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio decidirá nas vindeiras semanas de que xeito se porán en valor os restos do hipocausto romano localizado durante a realización das obras acceso ao porto de Burela.
O rexedor dixo que “como se sabe o proxecto da obra ao acceso ao porto de Burela contempla a recuperación dos restos do hipocausto romano que hai na zona máis inmediata á rotonda preto de Absa. Hoxe estivemos reunidos en Santiago na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural con técnicos deste departamento para ver as distintas posibilidades que se barallan agora mesmo, tendo en conta o que pon o propio proxecto para conservar e poñer en valor os restos do hipocausto romano”.
González Barcia indicou que “a día de hoxe a intención é conservar eses restos e poñelos en valor de forma que total ou parcialmente poidan estar expostos ao público. A decisión se adoptará nos vindeiros días. No momento en que se reciba a autorización por parte Adif (Rede de Ancho Métrico) de que se pode reiniciar esa obra no que se refire ao trazado da vía férrea os traballos retomaranse. Obras que en realidade nunca estiveron paradas xa que se está a actuar noutros puntos do acceso”.
O alcalde engadiu que “nas vindeiras tres ou catro semanas se adoptarán as decisións pertinentes. Os restos que se porán en valor serán os que se conserven en mellor estado. O compromiso do Concello é o de manter a zona nun estado de limpeza e de visita óptimo. No momento en que actuación estea rematada e a obra entregada o Concello tomará as medidas oportunas para manter a zona en perfecto estado de revista”.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).