
Dous membros da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde acompañaron nun roteiro polos muíños do Poñente (Rodinso – Francelos) a membros da Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá que remataron a ruta do domingo 22 de marzo en San Paio. Coñeceron a Escola – Fundación de D. Eduardo Lamela Pallín fundada en 1931 e coñeceron o muíño de nora de comezos do século XX situado ós pés da Serra do Pradairo ou Miradoiro, unha das fontes do río Chamoso. De Rodinso pasaron por San Fitoiro, baixaron a Bolaño – cova da Valiña, forno do cal, quiosco da música, lagas de enlagar o liño, etc- e por Barrio cgegarib a Fontao. De Fontao a Rebordaos tiñan a intención de achegarse a Castedo e Francelos, pero remataron saíndo ás Casas do Monte, na parroquia de Moreira, e dende alí a San Paio. Antes de xantar subiron ó miradoiro do Monte da Lomba e visitaron a Veiga do Olmo e souto onde se come o polbo. Xa pola tarde, visitaron os pendellos da feira e a igrexa de Vilabade, “a catedral de Castroverde”.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



