Lugo, 13 de abril de 2015.- Na libraría Trama de Lugo presentouse este pasado venres tarde, con grande afluencia de publico e vendas, a obra “Pedazos de mi alma” de Editorial Seleer, éxito editorial de vendas anteriormente en Hispanoamérica e no portal Literario de Amazon, onde se colocou durante catro semanas entre as obras de relatos máis vendidas en fala hispana. A autora, a xornalista e escritora asentada na Mariña Rhodea Blasón, estivo acompañada na súa presentación por ún dos grandes nomes do periodismo lucense, Francisco Rivera Cela, presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión de Lugo, dende onde instaurou hai 20 anos os premios Lucenses do Ano, así mesmo é responsable do Bimilenario de Lugo e do Padroado de Cultura lucense.
Na presentación os dous xornalistas, Mestre e autora desgranarón a obra diante do publico, que se integrou nun debate magnífico que derivou nun gran faladoiro de algo máis de dúas horas coa final firma de libros.
Rivera non dubidou en comentar que o sorprendera gratamente a lectura da obra formada por aproximadamente unha trintena de relatos cuxo xénero, explicou, é dificil de escribir, porque en pouco máis de trescentas palabras tes que establecer unha historia con argumento e solucionalo, comparando á súa pupila coas grandes escritores de literatura do xénero negro de Europa, durante o debate xurdiu tamén a comparación que algúns criticos fan da escritora lucense coa escritora de relatos e premio Nobel Alice Munro, a cal marcou como favoritos varios tweets da autora galega.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



